Terá lugar a partir das 13.00 horas e a continuación desenvolverase a “Ofrenda ao Porco” e o XXV Cocido das Artes
O vindeiro 1 de marzo, sábado de Entroido, terá lugar ás 13.00 h no Museo Municipal a inauguración da XIII EmporcARTE na lembranza do pintor e músico dezao Eduardo Meijomence e de Alexandro, cartelista da Feira do Cocido do ano 2015, coa participación de 50 artistas chegados de distintos puntos da xeografía galega, dos que unha é de procedencia chinesa aínda que asentada en Lugo, que achegan obras escultóricas, fotográficas e pictóricas que teñen como temática o cocido.
Está prevista a asistencia do alcalde de Lalín, José Crespo; do presidente do Parlamento, Miguel Santalices; do conselleiro de Educación, Román Rodríguez; da concelleira de Cultura, Begoña Blanco, e de membros da Corporación ademais dun amplo número de artistas.
A mostra poderase ver na planta primeira do Museo ata o 28 de marzo e coexiste coa exposición central do Cocido “Arte e tinta”, promovida polo Concello de Lalín, Afundación e ABANCA, visitable na planta baixa do Museo ata o 14 de marzo.
A continuación da inauguración da EmporcARTE terá lugar a tradicional “Ofrenda ao porco” e posteriormente os artistas compartirán o XXV Cocido das Artes no restaurante Modesto (rúa Observatorio, 12), no que están 85 persoas anotadas.
Listaxe de artistas participantes:
-
Eduardo Meijomence
-
Alexandro
-
Paco Pestana
-
Soledad Penalta
-
Ruth Lodeiro
-
Quintana Martelo
-
Diego de Giráldez
-
Lomarti
-
Tareixa Taboada
-
Acisclo Manzano
-
Paio
-
Isabel Alonso
-
Abel Barandela
-
Ehlaba
-
Nicolás González aller
-
Ricardo Ferreiro
-
Xan Paz
-
Mitra
-
Luis Ferreiro “O Vila”
-
Mariña Paz
-
Jesús Otero
-
Carmen Payo
-
Aitana Iglesias
-
Noa Blanco
-
Marisa Miguélez
-
Iria Eijo Martínez
-
Olalla Garra
-
J. Luis Abeledo “Bibí”
-
Carlos Santos
-
Adrián Penido
-
José Antonio Fondevila
-
Carmen Senande Pazos
-
Ángel Utrera
-
Ana Dobarro
-
Shui Long Xue Bao
-
Gloria Alonso
-
Chelo Rodríguez
-
Alfonso Santomé
-
Javier Hita
-
Juan Liñares
-
José Antonio Santomé
-
María Gandásegui
-
Sé Senande
-
Mercedes Paz
-
Tito Rodríguez
-
Toño Lorenzo Guisado
-
Daniel Méndez Piñón
-
Xosé Poldras
-
Nolo Suárez
-
Deiviz Kostoya