Compromiso de calidade aprobado polos restaurantes participantes no mes do cocido de Lalín:
- As instalacións do establecemento deberán estar en bo estado de limpeza e mantemento.
- Os establecementos ofrecerán a posibilidade de realizar reservas durante o “Mes do Cocido de Lalín”.
- Durante o “Mes do Cocido” non se realizarán quendas de comidas.
- O prezo fixado polo restaurante irá publicado nos dípticos promocionais e será co IVE incluído. O prezo compete a cada establecemento, debendo permanecer estable durante o Mes do Cocido, e incluirá un viño de mesa.
- O Cocido será elaborado segundo a receita oficial do Cocido de Lalín.
- Os produtos utilizados para elaborar o Cocido de Lalín serán de primeira calidade. A carne de porco estará curada e afumada.
- Os postres deberán ser sobremesas tradicionais galegas como as filloas, as orellas ou o queixo con marmelo, entre outros.
- Entregar a cada comensal o pin oficial do Cocido de Lalín.