O alcalde José Crespo desvelou dous dos comendadores desta edición da "Encomenda do Cocido"
Na presentación do Mes do Cocido, o alcalde José Crespo desvelou dous dos comendadores desta edición, ademais da xa anunciada Yolanda Castaño, pregoeira e tamén comendadora: Francisco José Fumega Piñeiro, alcalde do Concello do Carballiño, onde se celebra a Festa do Pulpo, declarada de Interese Turístico Internacional no 2022, dous anos despois da Feira do Cocido, sendo as dúas festas gastronómicas galegas con ese recoñecemento. Michel Durrieu, director xeral de Huttopia Europe, firma francesa e líder mundial no seu sector, que vai a instalar en Lalín un complexo ecoturista que estará en activo no ano 2025.
Galería imaxes