O alcalde José Crespo e a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, presentaron o XXVI Mes do Cocido
O alcalde José Crespo e a concelleira de Turismo, Begoña Blanco, presentaron o XXVI Mes do Cocido que comeza o luns 15 de xaneiro, con 23 restaurantes participantes e 29 establecementos colaboradores.
Ademais de incidir sobre un selo de calidade para o Cocido de Lalín, expuxeron algunhas das actividades coma a Gala do Cocido, a Encomenda, o Divercocido e actividades baixo a carpa (Feira do Mel Alvariza), presentacións da Feira en Fitur en en Santiago... a desenvolver nas próximas semanas.
Tamén presentaron o pin desta edición, baseado no cartel deseñado polo artista coruñés Fernando Pereira, que será repartido polos restaurantes do Mes do Cocido e os establecementos colaboradores á súa clientela.
Galería imaxes