O artista coruñés Fernando Pereira presentou a súa obra que será destinada a ser o cartel oficial do Cocido 2024 (4 de febreiro), coa presenza do alcalde José Crespo, da concelleira de Turismo e Cultura, Begoña Blanco, e do director do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Luis Rial.
Aprobadas as bases de colaboración empresarial para o compromiso de calidade do Mes do Cocido.
O artista coruñés Fernando Pereira presentou a súa obra que será destinada a ser o cartel oficial do Cocido 2024 (4 de febreiro), coa presenza do alcalde José Crespo, da concelleira de Turismo e Cultura, Begoña Blanco, e do director do Centro Superior de Hostelería de Galicia, Luis Rial.
Aprobadas as bases de colaboración empresarial para o compromiso de calidade do Mes do Cocido. A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, sinala que as firmas que desexen cooperar co compromiso de calidade do Mes do Cocido poderano facer nos vindeiros días en que está previsto que se abra o prazo de presentación de ofertas e anima á participación. Establécese un máximo de 100 espazos destinados a colaboradores e a subvención mínima será de 100 euros, podéndose ofertar unha subvención maior, criterio que prevalecerá na selección dos colaboradores.
Seleccionaranse as cen ofertas que ofrezan a subvención de maior importe, colocándose de maior a menor na cartelería. A documentación deberá ser achegada en sobre pechado no Rexistro do Concello.