MÁIS DE 8,5 MILLÓNS DE EUROS ACADA A VALORACIÓN DA DIFUSIÓN E PROMOCIÓN DA LV FEIRA DO COCIDO QUE PROTAGONIZOU 702 NOVAS

Chegou a unha SUMA OTS (número de “impresións” ou potencial audiencia das novas recollidas) de 1.060 millóns de espectadores, lectores ou televidentes.

Recóllense ata 20 reportaxes en todas as televisións nacionais, agás La 1, e de xeito especial nas canles de Medio Pro que emitiron unha ducia de reportaxes. 

En radio foron 8 as emisións en emisoras nacionais e 32 as reportaxes en medios escritos de alcance nacional que se fixeron eco dun xeito ou doutro da Feira do Cocido, segundo os datos aportados por Kantar Media

A concelleira de Turismo, Begoña Blanco, vén de subliñar o “histórico retorno” que tiveron todos os actos da Feira do Cocido en difusión e promoción de Lalín, da Feira e dos produtos lalinenses. En apenas dous meses de campaña 2023 do Cocido, e por celebrarse aínda dous dos eventos máis mediáticos como o Rali do Cocido e o Campionato do Mundo de Enduro, a Feira do Cocido totaliza xa 702 artigos de prensa, radio, televisión e web. Unha cifra de mencións en prensa que eleva ata os 8,51 millóns de euros a Suma AVE (valoración económica da difusión mediática da Feira) e unha SUMA OTS (número de “impresións” ou potencial audiencia das novas recollidas) de 1.060 millóns de espectadores, lectores ou televidentes. Unhas cifras de retorno e difusión que superan de xeito importante ás de 2020 que multiplicaban por catro aos dos anos anteriores.

Blanco indica que o retorno dos eventos e da difusión da Feira “xustifica de longo o investimento que se fai” xa que a imaxe de Lalín chega a toda a península e fora de ela asociada a un gran produto e para conseguir un impacto semellante necesitaríanse investir moitos millóns de euros en publicidade.

20 NOVAS EN TELEVISIÓNS NACIONAIS

No análise de medios certificado por Kantar Media a través da súa aplicación ONCLUSIVE, recóllense ata 20 reportaxes en todas as televisións nacionais, agás La 1, e de xeito especial nas canles de Medio Pro que emitiron unha ducia de reportaxes, a maiores da emisión en directo do seu informativo do día 12, que sumaron máis de 15 millóns de espectadores entre todos eles. O esforzo de TVG tamén foi moi importante con decenas de reportaxes, entrevistas, mencións en programas e a propia Gala de TV de Galicia (que non figura no estudio de Kantar Media nin en audiencia nin en valoración ao ser un programa completo).

En radio foron 8 as emisións en emisoras nacionais e 32 as reportaxes en medios escritos de alcance nacional que se fixeron eco dun xeito ou de outro da Feira do Cocido, do Cocido, dos produtos lalinenses e dos cociñeiros de Lalín. Entre eles, nas principais cabeceiras nacionais como El Mundo, ABC, ou El País que dedicou unha ampla reportaxe en “El Comidista” e un longo vídeo no perfil de youtube de ese apartado do diario do grupo PRISA.

CRECEMENTO EXPONENCIAL

Dende o recoñecemento da Feira do Cocido como Festa de Interese Turístico Internacional o crecemento da difusión en medios “foi medrando dun xeito exponencial ata chegar aos números espectaculares da presente edición”. Datos expoleados por xestións como a realización en directo de programa de carácter autonómico e nacional como a Gala do Cocido ou os Informativos de Tele 5.