JOSÉ RIBAGORDA, PRESENTADOR DE INFORMATIVOS TELECINCO, SERÁ O PREGOEIRO DA LV FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

O xornalista madrileño é unha das caras máis coñecidas dos informativos nacionais e un dos críticos e informadores gastronómicos con máis sona do país. Recibiu o premio Álvaro Cunqueiro no ano 2011.

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, vén de desvelar o nome do que será o pregoeiro da LV Feira do Cocido, o xornalista madrileño José Ribagorda. Na actualidade, presentador de informativos de fin de semana en Telecinco, é un dos rostros da información máis coñecidos do país polo seu estilo cercano, directo e moi próximo ao espectador. Ribagorda é un “referente no mundo da televisión e tamén no mundo da gastronomía a nivel nacional” polo que é unha figura perfecta para desenvolver o papel de pregoeiro dunha edición especial como a 55ª.

A súa traxectoria profesional sempre estivo ligada a Telecinco e a TVE no eido dos informativos, aínda que tamén tivo unha experiencia televisiva no eido da gastronomía nos anos 2012 e 2013 co programa “Cocineros sin estrella”.

É editor da web “De las cosas del Comer”, un destacado portal de gastronomía no que se recollen informacións, comentarios, críticas, receitas e informacións sobre a actualidade do mundo gastronómico e que nos últimos anos se converteu nun dos portais máis destacados neste eido.

Ademais da súa faceta de xornalista televisivo, destaca a súa traxectoria de escritor na que xa publicou dous libros con notables ventas: Cocineros sin estrella: Un recorrido gastronómico por los mejores restaurantes aún por descubrir e De las cosas del comer: Un viaje gastronómico extraordinario (con Nines Mínguez).

AFINIDADE COA FEIRA DO COCIDO

No ano 2011, Pepe Ribagorda recibiu de mans do alcalde de Lalín o Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico polo traballo a prol da gastronómica que fixo ese ano a cadea de Mediaset e nominalmente os informativos de fin de semana que presentaron os seus traballos.

Crespo indica que Pepe Ribagorda sempre tivo “afinidade pola nosa Festa”, xa que ademais de participar nela a través dos premios de xornalismo, despregou unha importante “cobertura mediática na cadea de Mediaset a todas as edicións da Feira do Cocido”. Un círculo que se pechará o vindeiro domingo día 12 co pregón da Feira do Cocido e o seu nomeamento co comendador da Feira.

Ao tempo, o alcalde avanzou que “se está a negociar con Telecinco a posibilidade de que se desenvolva algunha acción de promoción especial da Feira nesta 55 edición” coa emisión dalgunha reportaxe ou algún programa puntual dende a capital dezá en torno ao Cocido”.

COCIDO COA ONCE

Por outra banda, o alcalde avanzou que se retomaron os contactos coa ONCE para facer o “cocido solidario dos 1111 de la ONCE en Madrid”. Este ano a ONCE quere retomar un evento relacionado co Cocido en Madrid que o ano pasado tivo que descartarse por mor da pandemia.

A ONCE é unha organización moi importante e “foi unha iniciativa deles que escolleron a Feira do Cocido como poderían ter escollido calquera outra cousa”. Iso “para nós é unha honra porque iso quere dicir que ten un nivel importante” e iso quere dicir que se de toda España escolleron para facer este primeiro evento á Feira do Cocido “para nós é un motivo de satisfacción e, sobre todo, cando en teoría se está traballando para que os gastos os financien espónsores que vai buscar a ONCE e polo tanto o custo para o Concello de Lalín sexa mínimo e a repercusión entendemos que vai ser moi grande”, comentou Crespo.

O presidente da ONCE é Comendador do Cocido, un bo día “propúxome a min que lle gustaría facer un cocido de carácter solidario para 1.111 persoas e mandar os cartos recadados integramente para ONGs” que teñan que ver cos temas solidarios que poida haber polo mundo adiante, están pensando en cousas relacionadas co Ucraína. E logo os gastos que puidera ter o evento “buscar unha esponsorización que a ONCE niso é experta porque se move como pez na auga, porque ademais a ONCE ten unha entidade suficiente como que se lle pide colaboración a algunha empresa ir da man”. Ir da man da ONCE “é unha garantía de éxito e sobre todo un tema non menos importante que os custos van ser mínimos para Lalín que tamén é un obxectivo non pouco interesante”, indicou o alcalde.

Crespo avanzou que a previsión é que se celebra de cara a finais do mes de marzo, xa que antes por temas organizativos a ONCE non podería realizalo. E a ubicación, dada a gran cantidade de comensais, por enriba de 1000 persoas, terá que ser un dos grandes recintos madrileños, o recinto de congresos ou algúns dos grandes pavillóns madrileños. Un cocido que sería preparado por varios cociñeiros lalinenses.