LALÍN ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA O PRIMEIRO ENCONTRO DE INSTAGRAMERS E BLOGUEIROS LOCAIS NO MARCO DAS ACTIVIDADES DA LIV FEIRA DO COCIDO

O encontro ten por fin promocionar o Cocido de Lalín así como diversos atractivos lalinenses durante toda a xornada do sábado coa participación dunha ducia de perfís diferenciados orientados á moda, á imaxe, á gastronomía, á alimentación e á fotografía

O encontro ten por fin promocionar o Cocido de Lalín así como diversos atractivos lalinenses durante toda a xornada do sábado coa participación dunha ducia de perfís diferenciados orientados á moda, á imaxe, á gastronomía, á alimentación e á fotografía

Este sábado 29 de xaneiro ten lugar ao longo de toda a xornada o primeiro encontro de instagramers e blogueiros locais no marco de actividades da LIV Feira do Cocido e dentro do XXIV Mes do Cocido, no que toman parte unha ducia de mozos/as vinculado/as a redes sociais con diferentes perfís co obxectivo de promocionar e viralizar o Cocido de Lalín e os atractivos turísticos que temos como pobo”.

Segundo o concelleiro Avelino souto “A intención deste encontro é lograr un alcance significativo desde Lalín nas redes sociais, mediante as entradas dos participantes, non só no propio día senón nas 24-48 h seguintes”, explica. “Trátase así mesmo de establecer un diálogo de complicidade entre os participantes e a súa audiencia para potenciar o noso desde Lalín para o mundo”, indica. “Esta ducia de xente moza usuaria de redes sociais teñen perfís diferenciados en redes orientados á moda, á imaxe, á gastronomía, á alimentación e á fotografía, o que supón un elemento enriquecedor pois ofrecen visión diferentes para un mesmo obxectivo”, subliña.

“A xornada desenvolverase ao longo de todo o sábado cos protocolos sanitarios correspondentes e abranguerá visitas a distintos puntos de interese turístico e a produtores locais, co fin de poñer en valor a excelente calidade dos nosos produtos vinculados ao Cocido”, sinala.

Programa de actividades

9.45 h Almorzo no café de Ame.

10.45 h Visita ao Castro Tecnolóxico, construción arquitectónica singular.

11.30 h Visita á panadería da Morena.

12.00 h Visita ao Pazo de Liñares.

13.30 h Visita por diferentes enclaves e/ou monumentos do casco urbano de interese (rehabilitación da área histórica e patrimonial de Lalín de Arriba, estatua Ramón Aller, escultura do porco, de Loriga, entre outros).

14.30 h Cocido de Lalín.

17.00 h Visita á tenda de Embutidos Lalinenses (patrocinador da LIV Feira do Cocido).

17.30 h Sesión de cóctel en Kubos Lalín, a cargo de Jaime Rodríguez, cocteleiro profesional e campión en varios eventos nacionais, que preparará un cóctel especial para os participantes no encontro.

Souto, que toma parte no encontro do sábado como anfitrión e como un participantes máis, avanza que esta xornada terá continuidade cun segundo encontro de instragramers/blogueiros de ámbito galego que está prevista para o sábado, 19 de febreiro.