AMPLIACIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE TRABALLOS AO PREMIO NACIONAL DE PERIODISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”

O prazo de presentación de traballos ao XXIV Premio Nacional de Periodismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”, que ten unha dotación económica total de 5.000€, vén de ampliarse ata o próximo 11 de marzo, tal como se vén de publicar hoxe no BOPPO: https://boppo.depo.gal/web/boppo/detalle/-/boppo/2022/01/21/2022003039

Unha decisión que se adopta en vista do adiamento, ao 24 de abril da LIV Feira do Cocido, así como do resto de eventos relacionados coa Feira do Cocido por mor da evolución da pandemia.

Inicialmente este prazo estaba establecido ata o 24 de xaneiro de 2022 pero dado o aprazamento da Feira do Cocido ao mes de abril, o prazo de presentación de traballos ao Premio esténdese ata o 11 de marzo de 2022. En todo caso, se o envío se realiza por correo ordinario, terase en conta a data que figure no cuño postal.

O resto de cláusulas do Premio permanece invariable. Este ano por vez primeira haberá un premio de 4.000€ que se dará entre todos os traballos presentados entre todas as categorías e un premio de 1.000€ para o mellor traballo académico.