ABERTO O PRAZO PARA QUE AS EMPRESAS QUE O DESEXEN PRESENTEN SOLICITUDE DE COLABORACIÓN NO COMPROMISO DE CALIDADE DO MES DE COCIDO 2022. ATA O 20 DE DECEMBRO.
  •  O Mes do Cocido de 2022 vai ter lugar, como era habitual, entre o 15 de xaneiro e o 14 de febreiro.
  •  Establécese un máximo de 100 espazos destinados a colaboradores. A subvención mínima será de 100 €, podéndose ofertar unha subvención maior.
  •  En contrapartida da axuda económica ofertada, o Concello comprométese a difundir a presenza das entidades ou marcas colaboradoras en todos os eventos relacionados co Mes do Cocido.
  •  A documentación deberá ser achegada en sobre pechado no Rexistro do Concello de acordo ás bases publicadas na web do Concello e no perfil de contratación municipal.
  •  Seleccionaranse as cen ofertas que oferten a subvención de maior importe, colocándose de maior a menor comezando pola de maior importe económico e así sucesivamente.
  •  O único criterio de selección dos colaboradores será a da mellor subvención ofertada.
  •  Máis información na páxina web do Concello e no perfil do contratante do Concello http://lalin.gal/perfil-do-contratante