APRAZADA A LIV FEIRA DO COCIDO PARA O MES DE ABRIL

O día grande queda posposto para o domingo 24 de abril.

O Concello de Lalín, tras reunirse cos hostaleiros locais o pasado 8 de xaneiro, anunciou o aprazamento da LIV Feira do Cocido, que estaba prevista para o 20 de febreiro, ao 24 de abril debido á preocupante situación epidemiolóxica na zona.

O día grande fíxase para despóis de Semana Santa, o domingo 24 de abril, e a Carpa do Cocido que acollerá gran parte das actividades paralelas vaise instalar o 15 de abril.

O que si se considerou que debía de manterse nas datas tradicionais foi o Mes do Cocido.

A decisión foi debatida polos hostaleiros asistentes á reunión.