PRESENTADO O CARTEL DA 54ª FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

É obra de Manolo Paz, un dos escultores ibéricos máis recoñecidos nas últimas décadas. Foi presentada polo alcalde de Lalín xunto co artista cambadés o pasado día 10.

Paz, membro da Real Academia Galega de Belas Artes, sinalou que o debuxo é unha perspectiva artística dunha cacheira xunto a varias orellas, co fondo de cor verde da bandeira de Lalín e o azul da bandeira galega, que se combinará coas letras de cor branco.

José Crespo recoñeceu ser un admirador da obra do escultor de Cambados, e a súa proxección nacional e internacional fixo que se decidira por él como cartelista da 54ª edición do Cocido.

O Cocido 2022, Festa de Interese Turístico Internacional, xa está en marcha.