O MES DO COCIDO ACADA A CIFRA MÁIS ALTA DE COLABORADORES CON 64 FIRMAS QUE APORTARÁN FINANCIAMENTO PARA A CELEBRACIÓN DESTE EVENTO QUE CUMPRE O PRIMEIRO CUARTO DE SÉCULO

· No mes do Cocido participarán 25 restaurantes que ofrecerán aos seus clientes Cocido de Lalín seguindo os estándares de calidade que establece a Feira

· As empresas máis representativas dos sectores cárnicos, panadería, queixería e mel están entre as firmas que apoiarán o mes do Cocido

O concelleiro de Turismo, Avelino Souto, vén de anunciar que serán 64 a empresas locais colaboradoras co Mes do Cocido de sectores tan distintos como a restauración, panadería, queixería, cárnica ou licores e produtos de alimentación. Con estas 64 firmas que queren aproveitar o tirón da Feira do Cocido e do Mes do Cocido, acádase a cifra máis alta de colaboradores con este evento co que se abren os actos da Feira do Cocido 2025.

No sector da restauración, serán 25 as firmas que participarán como colaboradoras e que tomarán parte activamente na Feira ofrecendo o prato típico lalinense aos seus clientes coa frecuencia necesaria. No caso dos restaurantes máis habituais da feira farano de xeito diario e o resto en función á demanda anticipada. Os restaurantes participantes no Mes do Cocido serán:

BAR O POLO. Pintor Laxeiro, 4.

BAR RESTAURANTE SUSO. Av. de Cruces, 33.

CASA CURRÁS. Praza da Igrexa, 2 / Rúa Rosalía de Castro, 13.

CASA RULIÑA. Bergazos, 21.

CASA SAN MARTÍN. Corpiño, 10.

HOTEL RESTAURANTE PONTIÑAS. Ponte, 82.

HOTEL SPA NORAT TORRE DO DEZA. Parque Empresarial Lalín 2000.

MESÓN O CRUCE. Ctra. Vilatuxe, 10. Vilatuxe.

PARRILLADA AIRIÑOS. Golmar, 38. Noceda.

PARRILLADA BEN FEITO. Av. de Cruces, 41.

PAZO DE BENDOIRO. Bendoiro de Abaixo, 3. Bendoiro.

PENSIÓN LAS PALMERAS. Areal, 8.

RESTAURANTE A ESTACIÓN. Estación de Botos, 48. Botos.

RESTAURANTE BAR SAZÓN & SON. Ramón Aller, 53.

RESTAURANTE CABANAS. Pintor Laxeiro, 3.

RESTAURANTE CASA DO PATRÓN. Codeseda, 1. Doade.

RESTAURANTE CASA PABLO. Goleta, 39. Camposancos.

RESTAURANTE KILOMETRO 0. Av. Buenos Aires, 96.

RESTAURANTE LA MOLINERA. Rosalía de Castro, 15.

RESTAURANTE MARIA JOSÉ. Bendoiro, 15.

RESTAURANTE OS ARCOS. Wenceslao Calvo Garra, 4.

RESTAURANTE PARRILLADA LA ROBLEDA. Os Carballiños, 36. Vilatuxe.

RESTAURANTE TABOADA. Areal, 37.

RESTAURANTE VILLANUEVA. Corredoira, 84.

 

PANADERÍAS

PANADERÍAS

Oito serán as panaderías que quixeron aparellar o seu nome aos produtos de calidade do Cocido e participar na promoción da Feira. Cabe subliñar, que precisamente o sector da panadería é un dos que tamén incrementa as súas vendas coincidindo coa Feira e do do incremento de comensais que asisten a Lalín nestas datas, elaborando xa un produto con nome propio e apreciado pola súa calidade. Unha relación que se completa do seguinte xeito:

FORNO NERCELLAS. Enrique Vidal Abascal, 7.

O PAN DE VANE. Rúa B, 40.

PANADERÍA BALADO. Av. Buenos Aires, 59.

PANADERÍA DA MORENA. Antonia Ferrín Moreiras, 3.

PANADERÍA FERNANDO. Monte do Faro, 81.

PANADERÍA GALIPAN PLAZA. Praza da Igrexa, 11

PANADERÍA LAGE. Ctra. Lalín, 5. Freixeiro-Laro.

PANADERÍA MATELO. Monte do Faro, 73.

 

Entre os colaboradores do Mes do Cocido do sector cárnico, tamén están representadas entre os colaboradores as firmas máis destacadas. Comezando pola cárnica Cárnicas Anzo que, ademais de ser colaboradora co Mes do Cocido é tamén patrocinador principal da Feira e a firma que máis aposta por este produto lalinense de promoción de Lalín e das súas materias primas e produtos elaborados. A relación de cárnicas é a seguinte:

A PRINCIPAL CARNICERÍA. Principal, 9.

A TENDA DO ROQUE. Colón, 7.

CÁRNICAS ANZO. Ponte, 81-baixo / Pol. Ind. Lalín 2000. Parcela A-12.

CÁRNICAS PEREIRO´S. Donramiro, s/n.

CARNICERÍA BESTEIRO. Rúa B, 40.

EMBUTIDOS LALINENSE. Agruchave, 16 / Av. Luis Glez. Taboada, 19. 

HIPER-CARNE. Rúa B, 63.

QUEIXERÍAS, LÁCTEOS E MEL

A relación de queixerías e produtores de Mel que participarán apoiando ao Mes do Cocido tamén recolle ás firmas máis destacadas e de máis calidade. Tanto as queixerías, cun recoñecido prestixio, como os produtores de mel, entre os mellores de Galicia e a nivel nacional, apostaron por este evento de promoción da Feira.

KALEKÓI. Bergazos, 36. 

LÁCTEOS ANZUXAO. Madriñán, 1. Madriñán.

QUEIXERÍA DONA COBIÑA-COBIDEZA. Cercio, s/n. / Pol. Ind. de Agolada, parcela 6.

QUEIXOS HOXE. Borralla, s/n. Prado.

DE LIÑARES APICULTURA. Gresande, 28.

MEL DO SALDOIRO. Albarellos, 6.

MEL O CORTIZO. Zobra, 34.

A listaxe de patrocinadores do Mes do Cocido péchase cunha relación de firmas tamén relacionadas coa Feira e outras que entenden que este evento é crucial para o seu funcionamento polos visitantes que aportan á nosa vila e ao noso Concello.

DOCE ARTE. Joaquín Loriga, 1.

DULCES ENCANTADOS. Nuno Eanes de Cercio, 24

PASTELERÍA LA ARTESANA. Calzada, 11-baixo.

PASTELERÍA PARÍSWenceslao Calvo Garra, 9-baixo 2.

CERVEXA TOUPIÑA. Lagazós, 19. 

DEZA DISTRIBUCIONES. Memorias dun Neno Labrego, 3.

DISANFA S.L. Pol. Ind. Lalín 2000. Cidade do Transporte A 6-8.

DISTRIBUCIONES JAVIER VÁZQUEZ. Areal, 55-baixo.

EXCLUSIVAS CAMPOS. Tenda: Pintor Laxeiro, 40. / Almacén Rúa T, 18.

VINOS MANUEL GIL. Areal, 6.

ALMACENES LOÑO. Ramón Aller, 31.

CHARO FLORISTAS S.L. Ramón Aller, 12.

FRUTERÍA E GOLOSINAS MARAGOTA. Colón, 4. 

HOTEL RESTAURANTE NAVAL DO ESPIÑO. Espiño, 29. Filgueira.

LALÍN-FRUT. Av. Luis Glez. Taboada, 51.

RESTAURANTE PARRILLADA SANMARTÍN II. Nuno Eanes de Cercio, 36.

RESTAURANTE VENEZIA. Rúa B, 71.

VANESSA TABOADA DIETISTA. Avda. Xosé Cuíña, 40. Lalín Arena

 

POSTOS DO COCIDO

Por outra parte, o edil de Turismo indica “que se veñen de publicar as bases dos postos para a Feira do Cocido na web e na plataforma de contratos do Concello de Lalín”. Diferéncianse dous tipos de postos a poder colocar:

-En primeiro lugar están os postos interiores, destinados a instalarase no interior da carpa e cun fin exclusivo de “uso comercial”, que incluirá as seguintes actividades comerciais: venta de produtos de alimentación como produtos cárnicos, produtos frescos de horta, pan e doces, queixos, mel, etc., venda de artesanía e venda de produtos industriais singulares producidos por pequenos talleres. Neste caso o prazo de presentación de solicitudes é de 15 días hábiles a contar a partir do día seguinte da publicación das bases -iníciase o prazo o 7 de xaneiro- ata o día 27 de xaneiro, incluído.

-En segundo lugar atópanse os postos tradicionais de polbo e colocaranse nos lugares habituais e autorizados previamente polo Concello estando estes postos dedicados exclusivamente á venda deste produto. O prazo de presentación de solicitudes para os postos de polbo tamén comeza ao día seguinte da súa publicación pero contarán ata o día 23 de febreiro de prazo para poder presentalas.

As taxas establecidas para a colocación de postos interiores son de 67.86 € estando destinados 22 postos a cárnica, 13 a outras industrias e 8 a artigos de artesanía. Pola súa banda os postos tradicionais de polbo terán unha taxa de 61.56 €.