null O Concello de Lalín xunta música e teatro para familias nunha nova edición do Divercocido
O Concello de Lalín xunta música e teatro para familias nunha nova edición do Divercocido

A Gramola Gominola, Mamá Cabra e Bellón Maceiras, Golfiños e Teatro Ghazafelhos presentan no Divercocido os seus últimos espectáculos.

O artista local Luchi Iglesias estreará a 'Don Cocho' un cabezudo creado especialmente para o Divercocido e que itinerará pola vila durante a fin de semana do evento.

O evento organizado polo Concello, conta co apoio da Deputación de Pontevedra e celebrarase os días 16 e 17 de abril na carpa do Campo da Feira de Lalín.

Os días 16 e 17 de abril a carpa do Cocido encherase de teatro e de música con propostas artísticas de calidade e con exito entre as familias. A programación abrirase o sábado ás cinco cunha peza de teatro que xunta gastronomía e humor: 'Bon Appetit' de Teatro Ghazafelhos. Unha comedia clown na que a elaboración dun bo prato de cocido pon a tres chefs en serias e divertidas dificultades. A continuación, tamen o sábado, un dos grupos de música infantil máis aprezado, Mamá Cabra, presentará o seu novo espectáculo 'A música das buguinas', creado e interpretado por Gloria Mosquera xunto ao grupo de música tradicional Bellón Maceiras. Unha proposta que nos ensina a amar e coñecer a nosa música e no que imos descubrindo como soan e como son diferentes instrumentos: gaita acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento... neste fermoso espectáculo músico-teatral de Mamá Cabra.
O domingo o Divercocido trae a Lalín os concertos de Golfiños e A Gramola Gominola.
Golfiños quere chegar ao corazón das familias con ritmos e melodías moi diversas que beben de
todos os estilos musicais e que poden escoitarse nos seus traballos 'Te, chocolate, cafe' ou 'O soño dos golfiños'. A Gramola Gominola son autentico rock and roll para crianzas e porán ás familias de Lalín a bailar cun espectáculo no que xuntan as cancións máis exitosas baixo o título 'As que máis molan da Gramola!'.
Nesta edición, ademáis da programación artística, o Divercocido contará cunha personaxe creada
para a ocasión polo artista local Luchi Iglesias. Trátase de 'Don Cocho', un cabezudo que andará
pola vila coma se fose un habitante máis, e que se encargará difundir a programación do evento
durante a mañá do sábado e a tarde do domingo.
O obxectivo do Concello de Lalín co Divercocido e ofrecer un espazo e unha programación arredor da festa do Cocido especificamente pensada para as familias. O evento conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra.