null 68 NEGOCIOS SOLICITAN A PARTICIPACIÓN COMO PATROCINADORES NO MES DO COCIDO DE LALÍN 2026 E SERÁN 26 OS RESTAURADORES QUE CONFORMEN O ABANO DE ESTABLECEMENTOS OFICIAIS DESTA CELEBRACIÓN
68 NEGOCIOS SOLICITAN A PARTICIPACIÓN COMO PATROCINADORES NO MES DO COCIDO DE LALÍN 2026 E SERÁN 26 OS RESTAURADORES QUE CONFORMEN O ABANO DE ESTABLECEMENTOS OFICIAIS DESTA CELEBRACIÓN

Unha resposta masiva, superior ao de anos anteriores, da hostalaría, comercio alimentario e produtores locais que avalan o prestixio da LVIII Feira do Cocido. “É unha demostración inequívoca do apoio do noso tecido empresarial á Feira do Cocido”, afirma Begoña Blanco, concelleira de Turismo.

A concelleira de Turismo de Lalín, Begoña Blanco, anunciou hoxe que un total de 68 negocios locais presentaron e teñen admitida a súa solicitude para formar parte como patrocinadores do Compromiso de Calidade do Mes do Cocido na LVIII Feira do Cocido de Lalín 2026, segundo recolle a acta oficial da Comisión de Valoración datada o 4 de decembro de 2025. Das 68 empresas admitidas, 26 dos participantes son negocios de restauración que configurarán o cartel de restaurantes oficiais do Mes do Cocido. A responsable municipal destacou que esta elevada participación constitúe “unha demostración inequívoca do apoio do noso tecido empresarial e do compromiso real que hostaleiros, produtores e distribuidores teñen coa excelencia gastronómica e coa identidade propia da nosa feira”.

27 RESTAURANTES NO MES DO COCIDO

Ao fronte deste Compromiso de Calidade do Mes do Cocido 2026 figuran nesta edición 26 restauradores _dous máis que o ano anterior_ como BAR O POLO, BAR REST. SUSO, CASA CURRÁS, CASA DO PATRÓN, CASA PABLO, COKUUS, CASA SAN MARTÍN, GASTRODEZA, HOTEL NORAT TORRE DO DEZA, HOTEL REST. PONTIÑAS, MESÓN O CRUCE, O CHABULLI DE TOUPIÑA, ONDE ANTONIO MOURISCADE, PARRILLADA AIRIÑOS, PARRILLADA LA ROBLEDA, PARRILLADA VILLANUEVA, PAZO DE BENDOIRO, REST. A ESTACIÓN, REST. BAR SAZÓN & SON, REST. CABANAS, REST. KM 0, REST. LA MOLINERA, REST. LAS PALMERAS, REST. MARÍA JOSÉ, REST. OS ARCOS, REST. TABOADA que converterán os seus fogóns no fogar de preparación do Cocido de Lalín.

Blanco, en relación á listaxe de restauradores do Mes do Cocido, insistiu en que o Compromiso de Calidade que asinan ao participar como restaurantes do mes do Cocido ao tempo que actúan como patrocinadores do evento “non é un mero trámite administrativo, senón unha garantía pública para veciñanza e visitantes, que asegura que cada produto, cada servizo e cada establecemento cumpre criterios contrastados de trazabilidade, frescura, profesionalización e respecto pola tradición culinaria vinculada ao Cocido de Lalín”.

PATROCINADORES DO MES DO COCIDO

A Comisión de Valoración revisou e validou tamén outras solicitudes de negocios que participarán como patrocinadores do Mes do Cocido e ao tempo se adhiren ao Compromiso de Calidade aparellado á Feira. Representan a práctica totalidade da cadea alimentaria local: lácteos, queixos con DOP, cárnicas, embutidos, panadarías tradicionais con forno de leña, pastelarías, distribución de viño e alimentación, froiterías, mel e comercio especializado. Blanco salientou que a cifra total de 68 empresas reflectida na acta municipal, que significa 4 negocios máis que o ano anterior, mostra unha “participación transversal e extraordinariamente sólida, que reforza o sinal distintivo da Feira do Cocido como un evento que xera confianza, dinamiza a economía local e consolida un ecosistema gastronómico baseado na autenticidade e nun nivel de calidade verificable”.

Dentro dos participantes no Compromiso de Calidade do Cocido como colaboradores figuran desde produtores lácteos como Elaboración de Queixos, KALEKÓI, LÁCTEOS ANZUXAO, QUEIXERÍA DONA COBIÑA-COBIDEZA, QUEIXOS HOXE ata carnicerías e empresas cárnicas como A PRINCIPAL CARNICERÍA, A TENDA DE ROQUE, CÁRNICAS ANZO, CÁRNICAS PEREIRO´S, CARNICERIA BESTEIRO, EMBUTIDOS LALINENSE, HIPER-CARNE, ademais dun amplo número de panadarías e fornos artesáns e pastelerías  —FORNO NERCELLAS, PANADERÍA DA MORENA, O PAN DE VANE, PANADERIA BALADO, PANADERÍA FERNANDO, PANADERÍA GALIPAN PLAZA, PANADERÍA LAGE, PANADERÍA MATELO, DOCE ARTE, DULCES ENCANTADOS, PASTELERÍA LA ARTESANA, PASTELERÍA PARÍS. Xunto a estes outros establecementos colaboradores como, ALMACENES LOÑO, FRUTERÍA GOMINOLAS MARAGOTA, FRUTERÍA LALÍN FRUT,FLORISTERÍA CHARO, CAFÉ BAR ALFONSELLE, CAFÉ BAR CURRÁS, CAFETERÍA O ASUBIO, HOTEL REST. NAVAL DO ESPIÑO, ASADOR ARCÓN e PARRILLADA SANMARTÍN II. O sector da distribución tamén está amplamente representado a través de empresas como DEZA DISTRIBUCIONES, DISANFA, DISFERGA LALÍN, DISTRIBUCIONES JAVIER VÁZQUEZ, EXCLUSIVAS CAMPOS, VINOS MANUEL GIL, mentres que o mundo do mel incorpora produtores como DE LIÑARES APICULTURA, MEL DO SALDOIRO, MEL O CORTIZO.