null O EMBAIXADOR DO XAPÓN EN ESPAÑA AFIRMA QUE CONTRIBUIRÁ Á PROXECCIÓN INTERNACIONAL DO COCIDO “PARA QUE AS SÚAS BONDADES CHEGUEN A OÍDOS DOS MEUS COMPATRIOTAS”
O EMBAIXADOR DO XAPÓN EN ESPAÑA AFIRMA QUE CONTRIBUIRÁ Á PROXECCIÓN INTERNACIONAL DO COCIDO “PARA QUE AS SÚAS BONDADES CHEGUEN A OÍDOS DOS MEUS COMPATRIOTAS”

Nun pregón que abriu e pechou en galego e no que fixo referencia a Rosalía e a Laxeiro neste 23F, Takahiro Nakamae, avogou pola gastronomía e o turismo vinculado ao Camiño como pontes de conexión entre España e Xapón.

 Dixo sentir orgullo de participar nesta festa “con moitísima historia e única no mundo” e defendeu que o secreto que ten o Cocido de Lalín está “nas súas inigualables materias primas galegas, nos seus produtos de proximidade”, dos que “dou fe da súa exquisitez e excelencia”.

 

Nomeáronse dez novos Comendadores: Takahiro Nakamae; Arantza Sarasola; Javier Moll de Miguel; Marián Mouriño; Acisclo Manzano; Paz Pérez Asorey; Francisco Conde; Luis López Diéguez; Teresa Portela e Miguel Ángel Santalices.

A LVII Feira do Cocido celébrase baixo os retos de afondar na internacionalización do Cocido, nunha edición marcada pola presenza internacional encabezada polo pregoeiro da Feira, ademais da novidade do irmandamento coa Festa da Filloa de Lestedo.

 

“Moitas grazas por convidarme a estar hoxe en Lalín, no Día Grande da Feira. Non se poden imaxinar a ilusión que me fai, como embaixador do Xapón en España, estar hoxe con todos vostedes como pregoeiro da Feira do Cocido. Teño entendido que son o primeiro embaixador estranxeiro en ostentar este honor. É unha altísima consideración, créanme, pero é tamén unha enorme responsabilidade. Moitas grazas, alcalde, pola confianza que depositou en min. Espero estar á altura!”. Con estas palabras, pronunciadas en galego, comezou o embaixador do Xapón en España, Takahiro Nakamae, o pregón da LVII Feira do Cocido que ofreceu hoxe en Lalín neste día de aniversario de dous ilustres, Rosalía de Castro e Laxeiro, aos que tamén fixo referencia no seu pregón, que tamén finalizou en lingua galega.

 

Continuou: “he de decirles, que cuando el Sr. Alcalde me invitó a ser pregonero de la 57ª edición de la Feira do Cocido, lo primero que experimenté fue sorpresa. Pero este sentimiento poco después se transformó en un enorme honor y orgullo porque es una fiesta con muchísima historia y única en el mundo”.

 

O embaixador afirmou “que nunca me imaginé en mi trayectoria como diplomático, que daría un pregón en mi querida España, en una fiesta gastronómica tan reconocida, la fiesta gastronómica por excelencia de Galicia, Fiesta de Interés Turístico Internacional y en el que se rinde homenaje a un plato tan celebrado en toda España como es el cocido. Por todo ello, entenderán que siento una alegría inmensa y un verdadero honor siendo hoy un humilde pregonero del gran cocido gallego, del Cocido de Lalín, tan venerado por todos”.

 

Ao respecto precisou: “Además, he oído que esta edición de la feira coincide con los aniversarios de dos grandes figuras de la cultura gallega: la gran escritora Rosalía de Castro y el pintor Laxeiro. Por lo tanto, esta cita es todavía más especial”.

Indicou que veu por primeira vez a España nos anos 80 e que nesa época descubriu Galicia “que ya en ese momento me cautivó”, remarcou, ao tempo que precisou que “como estudiante español, residí en colegios mayores y en sus comedores disfruté, junto a mis compañeros de estudio, de muchos cocidos. A partir de entonces, el cocido se convirtió en uno de mis platos favoritos”, subliñou. Relatou que ao pouco tempo de regresar a España, en decembro de 2022, xa como embaixador, volveu visitar o colexio maior onde residiu e ao ulir o aroma do cocido que se servira na cea da noite anterior tivo unha sensación “tan buena como la de hacía 35 años”, engadiu.

 

“Gastrónomo practicante” como Cunqueiro

Expuxo que “a lo largo de mi carrera como cocinero de fin de semana, he intentado cocinar en casa guisos de varios países (…). Por tanto, al volver a España, por qué no, me puse a cocinar cocido. Y con recetas que consulté por internet y, haciendo una combinación de varias, hice mi propia versión que denominé, ya que mi nombre es Takahiro, <el cocido Takahireño>. “Reconozco hoy, delante de todos ustedes, que fue un auténtico desastre”, bromeou. Dixo estar desexando “hincarle el diente al Cocido de Lalín y rendir tributo a este manjar. Porque, como Álvaro Cunqueiro, me declaro <gastrónomo practicante>, es decir, disfruto mucho del buen comer”.

 

Falou do secreto que ten o Cocido de Lalín “del que todo el mundo habla y que ya he tenido la suerte de probar: las inigualables materias primas gallegas, sus productos de proximidad. Doy fe de su exquisitez y excelencia”. Referiuse á terra de Lalín e da Comarca de Deza “que está en el corazón de Galicia, porque tengo entendido que se conoce a Lalín como el <Km 0>”.

 

Tradición, modernidade e reivindicación do arraigo como a Pardo Bazán

E sostivo: “Y esta tierra aúna, como el cocido, modernidad y tradición. He podido conocer empresas punteras en la región, que apuestan por la innovación, y otras que conservan el valor de lo artesanal. Japón comparte con Galicia ese espíritu de respecto a la tradición, de su transmisión de generación en generación, al mismo tiempo que se distingue por su vanguardia”. Remarcou que “… como decía Emilia Pardo Bazán, reivindicando el valor cultural de la gastronomía: <Cada nación tiene el deber de conservar lo que la diferencia, lo que forma parte de su modo de ser peculiar>. Por ello hay que celebrar el arraigo de esta Feira do Cocido”.

 

Especial conexión entre Xapón e Galicia

Hizo alusión al “cruce de caminos” que é esta terra e mencionou “la especial conexión que existe entre Japón y Galicia con el hermanamiento en 1998 del Camino de Santiago y el camino japonés de peregrinaje llamado Kumano Kodo; en 2015 se firmó un Protocolo general de colaboración con el camino Shikoku-Henro y, finalmente, en 2023, se produjo el hermanamiento de amistad con la ruta de peregrinación Saigoku Kannon”. “Todo ello refleja -argumentou- el fuerte vínculo existente entre dos países lejanos, que no comparten religión ni cultura, pero a los que les une la espiritualidad, el recogimiento personal de los peregrinos y su conexión con la naturaleza durante el camino”, sinalou.

 

Anuncia que fará o Camiño

“En 2024, más de 1.400 peregrinos japoneses recorrieron el Camino de Santiago. He de confesar que yo no lo he hecho todavía, es mi asignatura pendiente, pero estoy seguro de que, antes de mi marcha de España, me encontrarán por sus rutas como un peregrino más y, probablemente, reponiendo fuerzas con un sabroso cocido”, apuntó. Avanzou que “si bien los japonenes viajan asiduamente por su tierra y son grandes amantes del Camino de Santiago, desconocen la existencia de la Feira do Cocido. Pero, tengan por descontado que intentaré contribuir a su internacionalización, para que sus bondades lleguen a oídos de mis compatriotas. Tenga por seguro, Sr. Alcalde, que cumpliré mi misión como Comendador y compartiré mi experiencia en Lalín”.

 

No peche do seu pregón que, fixo en galego como o inicio, referiuse aos lazos de amizade entre España e Xapón, máis de catro séculos de relacións e máis de 150 anos de relacións diplomáticas e subliñou que “unha das miñas misión como embaixador é fomentar un maior coñecemento dos nosos países, unha maior compresión mutua. Hai moitísimo potencial na nosa cooperación. E a gastronomía é unha ponte para ese maior coñecemento, para un achegamento das nosas xentes”, alegou. “Aposto pola súa proxección internacional e contribuirei encantado a divulgar, como vos dixen, as bondades deste manxar”, afirmou.

 

Cooperacións mutuas entre Xapón en Galicia

Tamén fixo referencia a que “España e Galicia son unha potencia no turismo e reciben anualmente un gran número de turistas xaponeses os que gozan da riqueza e da diversidade das súas paisaxes, os seus monumentos, a súa cultura e a súa variada gastronomía. Pero Xapón e Galicia comparten tamén un gran potencial de cooperación mutuas, máis alá do cultural, do turístico e do espiritual. O mes pasado reuninme en Santiago de Compostela co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e confirmamos o noso interese estratéxico en procurar estas cooperacións”.

 

Grazas a todos por facerme sentir como un lalinense máis

Finalizou dando as grazas “a todos, especialmente ao Sr. Alcalde, porque me recibistes cos brazos abertos e sentinme como un lalinense máis, vivindo esta festa especial (...) Grazas por darme a oportunidade desta gran festa. Viva o Cocido de Lalín, viva Lalín e viva Galicia”.

 

Primera incursión da Feira do Cocido en Asia

Esta LVII Feira do Cocido tradúcese nunha edición inmersa nos retos de afondar na internacionalización do Cocido, tanto no que se refire a impactos mediáticos como a apertura de novas fronteiras e oportunidades. Así este ano é unha edición marcada pola presenza internacional, xa que é a primeira vez que exerce como pregoeiro unha personalidade estranxeira, un diplomático cunha extensa carreira como é o embaixador extraordinario e plenipotenciario do Xapón en España, Takahiro Nakamae. Ademais, representa a primeira incursión da Feira do Cocido en Asia, o que supón a posibilidade de apertura de novas fronteiras e oportunidades como, por exemplo, o aproveitamento dos Camiños de Santiago, entre outras.

 

Irmandamento coa Festa da Filloa de Lestedo

Tamén esta Feira está marcada polo irmandamento coa Festa da Filloa de Lestedo, Festa de Interese Turístico Nacional, para o aproveitamento de sinerxías gastronómicas entre as dúas Feiras, mantendo o san orgullo de que outras Feiras importantes queiran apoiarse no Cocido para mellorar a súa difusión. Irmandamento que tivo presenza neste día grande da Feira a través dunha degustación de filloas de Lestedo e dos Xenerais da Ulla que participaron no desfile de carrozas e comparsas e que representaron un atranque.

 

Ademais da novidade do irmandamento coa Filloa, a 57ª Feira do Cocido engloba todo un conxunto de eventos e actividades que xiran ao redor dela, entre elas, o XXVII Mes do Cocido que aínda que leva o nome de mes se estende durante practicamente un semestre no que os restaurantes de Lalín serven milleiros de cocidos; a Feira Internacional de Apicultura, Alvariza; a Matanza Tradicional do Porco que nesta XXV edición se desenvolveu na parroquia de Catasós, ou a exposición central do Cocido “Arte en tinta”, froito da colaboración entre Concello de Lalín, ABANCA e Afundación que fai un percorrido polo gravado a través dos máis destacados artistas do panorama galego, español e internacional, todas eles pertencentes á Colección de Arte Afundación, entre unha serie moi ampla de atractivos.

 

Dez novos Comendadores

Os actos deste día grande do Cocido deron comezo sobre ás 10.30 horas na Casa Consistorial coa Encomenda do Cocido, na que nesta edición ingresaron dez novos integrantes: Takahiro Nakamae (pregoeiro, embaixador do Xapón en España); Arantza Sarasola Ormazabal (vicepresidenta do grupo Prensa Ibérica); Javier Moll de Miguel (presidente do grupo Prensa Ibérica); Marián Mouriño (presidenta do RC Celta); Acisclo Manzano (escultor, cartelista da 57ª Feira do Cocido); Paz Pérez Asorey (tenente de alcalde do Concello de Lalín); Francisco Conde (deputado no Congreso); Luis López Diéguez (presidente da Deputación de Pontevedra; Teresa Portela (piragüista e medallista olímpica) e Miguel Ángel Santalices Vieira (presidente do Parlamento de Galicia).

 

Colocáronlle a capa: o presidente da Xunta ao pregoeiro; o xefe de Cardioloxía do CHUS, José Ramón González Juanatey a Arantza Sarasola; Ana Pastor a Amancio López Seijas a Javier Moll; o presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), Rafael Louzán a Marián Mouriño; a deputada provincial de Turismo, Nava Castro a Acisclo Manzano; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, a Paz Pérez; o escribán da Encomenda, Andrés Ramos a Francisco Conde; Víctor Manuel Vázquez Portomeñe a Luis López; o pintor Antón Lamazares a Teresa Portela e o o xefe de Oncoloxía do CHUS, Rafael López a Miguel Ángel Santalices.

 

De seguido, a comitiva encabezada polo pregoeiro e embaixador, Takahiro Nakamae; polo alcalde de Lalín e polo presidente da Xunta; e conformada polo polo presidente do Parlamento -nomeado Comendador nesta edición-; polo presidente da Deputación de Pontevedra e Comendador; polo delegado do Goberno; polos dous eurodeputados lalinenses; por varios altos cargos da Xunta de Galicia (conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes; conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP; conselleiro de Sanidade; conselleiro de Cultura; conselleira do Medio Rural; conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración; delegado territorial da Xunta en Pontevedra; secretarios e directores xerais, etc.); polo presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF); polo presidente da Deputación de Ourense; polos vicepresidentes da Deputación de Pontevedra e deputados provinciais; deputados autonómicos; subdelegado do Goberno en Pontevedra; senadores; alcaldes; cartelista da Feira, Acisclo Manzano -nomeado Comendador nesta edición-; Comendadores; e membros da Corporación municipal, visitou a Carpa do Cocido no Campo da Feira con produtos gastronómicos típicos de Lalín e de artesanía.

 

A continuación a delegación dirixiuse ao palco da rúa Principal onde Takahiro Nakamae ofreceu o seu pregón tras ser presentado polo alcalde de Lalín, José Crespo. A continuación, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, impúxolle a medalla ao pregoeiro. Seguiulle o desfile de charangas, agrupacións musicais e comparsas.

 

Pola tarde, a partir das 17.00 h a Charanga KM Cero, ambientará as rúas rematando na Praza da Igrexa. A partir das 18.30 h na mesma praza, Os Ardores e orquestra Los Satélites marcarán o ritmo da Verbena do Cocido.