- Engádense ao pregoneiro Takahiro Nakamae; a Teresa Portela; ao presidente da Deputación, Luis López; á presidenta do Celta, Marián Mouriño e os xornalistas Javier Moll e Arantza Sarasola
O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou hoxe que o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e a tenente de alcalde, María Paz Pérez, serán nomeados comendadores do Cocido o vindeiro 23 de febreiro, coincidindo co Capítulo Xeral da Orde do Cocido que tamén nomeará ao pregoneiro Takahiro Nakamae; a Teresa Portela; ao presidente da Deputación, Luis López; á presidenta do Celta, Marián Mouriño e os xornalistas Javier Moll e Arantza Sarasola.
Miguel Ángel Santalices Vieira. Bande (Ourense). Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Funcionario do corpo especial de Xestión e Administración Sanitaria. Máster en Alta Dirección Hospitalaria pola Escola de Administración de Barcelona. Diplomado en Dirección Hospitalaria pola Escola Nacional de Xerencia Hospitalaria e Escola Nacional de Sanidade. Diplomado en Sanidade pola Escola Nacional de Sanidade.
Foi director de ambulatorios da Área Sanitaria de Vigo, director xerente do Hospital Psiquiátrico Doutor Cabaleiro Goás, de Toén (Ourense), director xerente do Hospital de Vigo e director xerente do Hospital de Ourense. Actualmente, en servizos especiais.
Deputado do PPdeG por Ourense no Parlamento de Galicia desde o ano 1997. Mellor parlamentario de España no eido sanitario, elixido pola revista especializada Redacción Médica. Presidente do Parlamento de Galicia na X, XI e XII lexislatura.
UNHA LALINENSE
Paz Pérez Asorey. Veciña de Lalín e natural da parroquia de Cercio. Experta no ámbito de servizos sociais. É diplomada en Traballo Social pola Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Socioloxía e Ciencias Políticas pola Universidade de Salamanca. Cursou Máster en Dirección e Xestión de Centros de Servizos Sociais na Universidade de A Coruña. Conta con habilitación de Mediadora Familiar e Peritaxe Social. Docente na Academia Galega de Seguridade Pública de materias relacionadas con Igualdade, Violencia de Xénero e da aplicación de seguimento integral VIOGÉN.
Exerceu como funcionaria de Administración Local como Responsable dos Servizos Sociais Comunitarios nos concellos de Negreira e A Baña (A Coruña) desde setembro de 1989 a xuño de 2007, ano no que obtén excedencia por servizos especiais ao resultar elixida cargo electo no Concello de Lalín con dedicación exclusiva.
No 2012 accede como funcionaria da Administración Xeral do Estado, ao posto de Xefa da Unidade contra a Violencia sobre a Muller na Subdelegación do Goberno en Pontevedra, compatibilizando o mencionado cargo co de concelleira en Lalín, situación que mantén hasta xuño de 2019. Actualmente é Tenente de Alcalde, Concelleira de Economía e Facenda, Contratación Pública, Réxime Interno, Xestión de Fondos Europeos e Axenda Urbana. Casada e nai de dous fillos universitarios.