null CRESPO ANUNCIA QUE ANA GUERRA, ISABEL AAIÚN E MIGUEL SEGUÍ, XUNTO ÁS ORQUESTRAS EL COMBO DOMINICANO E OLYMPUS, ABRIRÁN O CARTEL DA GALA DO COCIDO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO 21 DE FEBREIRO
CRESPO ANUNCIA QUE ANA GUERRA, ISABEL AAIÚN E MIGUEL SEGUÍ, XUNTO ÁS ORQUESTRAS EL COMBO DOMINICANO E OLYMPUS, ABRIRÁN O CARTEL DA GALA DO COCIDO QUE SE CELEBRARÁ O VINDEIRO 21 DE FEBREIRO
  • As entradas repartiranse o martes 18, a partir das 17:00, no hall do Concello en riguroso orde de chegada e a razón de dúas entradas por persoa.

  • Este ano, as primeiras filas centrais fronte ao escenario, serán destinadas aos máis novos para que poidan animar a Gala achegándose ao escenarios e desfrutando o máis preto das actuacións dos artistas.

O alcalde de Lalín, José Crespo, anunciou que a contratación dos artistas que asistirán á Gala do Cocido, no que se entregarán os premios de xornalismo gastronómico Álvaro Cunqueiro está xa bastante avanzada e cun cartel xa próximo a completarse. Entre as figuras de primeira fila que tomarán parte na Gala aparece a cantante e compositora canaria Ana Guerra coñecida tamén por ser presentadora de televisión e actriz de Musicais que estará acompañada na cabeceira do cartel pola segoviana Isabel Aaiún, a cantante española de neofolk, autora do éxito “Potra Salvaje” e do cantante Miguel Seguí, autor de cancións como “Girasol”, “Amor Casual” e Cuando Bailes”.

 

Presentada polo veterano José Ramón Gayoso e secundado polo equipo habitual de presentadores de TV,G, a Gala volverá a contar como rexedor co influencer Rafa Durán, que xa o ano pasado converteuse nun dos atractivos da Gala ao animar ao público, especialmente o máis novo, cun show a medio camiño entre a música e o humor.

 

Ademáis dos artistas nacionais, a Gala contará como en edicións anteriores, con orquestras das máis coñecidas, neste caso será o turno da formación canaria, xa establecida en Galicia, el Combo Dominicano e da orquesta Olympus. A este elenco engadiríase a actuación de dúas formacións galegas máis que están por confirmar e que reforzarían co cartel musical.

 

O cartel da Gala quedará completo coas formacións locais que encabezarán a Banda de Lalín e na que tamén estará a formación de baile Máis que Danza e que se pechará con dúas ou tres formacións lalinenses máis.

 

CAMBIO NA CONFIGURACIÓN DO PÚBLICO

 

Este ano a totalidade do público volverá a estar sentado, despois de habilitar o ano pasado unha zona xoven de baile, coa diferencia de que as primeiras filas da zona central do escenario estarán ocupadas polos máis xóvenes que poderán disfrutar das actuacións máis de preto e mesmo achegarse ata a boca do escenario para achegarse puntualmente ata os artistas que están a actuar.

 

ENTRADAS

 

O reparto de entradas levarase a cabo o martes 18 de febreiro a partir das 17.00 horas na recepción do consistorio e ata esgotar os pases, cun máximo de dúas invitacións por persoa. A apertura de portas será ás 20.30 por orde de fila e ás 21.00 horas pecharanse co aforo existente nese intre.