null CRESPO PRESENTOU EN MADRID O MES DO COCIDO DE LALÍN QUE ARRANCARÁ NA COMUNIDADE MADRILEÑA CON OITO RESTAURANTES QUE OFRECERÁN O PRATO LALINENSE A PARTIR DO VINDEIRO 24 DE XANEIRO
CRESPO PRESENTOU EN MADRID O MES DO COCIDO DE LALÍN QUE ARRANCARÁ NA COMUNIDADE MADRILEÑA CON OITO RESTAURANTES QUE OFRECERÁN O PRATO LALINENSE A PARTIR DO VINDEIRO 24 DE XANEIRO
  • Presentou o pin do Cocido colocándoo na solapa de dous actores galegos como o dezao Xoel Fernández e Serxio Pazos

  • O impulsor da idea de celebrar o Mes do Cocido de Lalín en Madrid, José Luis Caba, coordinador do Airiños Gastro destacou na súa alocución que “son algúns os restaurantes que fan en Madrid cocido galego, pero coa iniciativa que se pon en marcha agora, queremos poñerlle aos madrileños nas nosas mesas, Cocido de Lalín que é un paso máis tanto en calidade como en difusión”

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e do delegado da Xunta de Galicia en Madrid, Luis E. Ramos, e directivos do Centro Gallego de Madrid, co seu presidente á cabeza, Fernando Rey Paz, presentou esta mañá o Mes do Cocido de Lalín no primeiro acto de difusión da LVII Feira do Cocido que contou coa presenza de rostros coñecidos como os do actor lalinense Xoel Fernández e o galego Serxio Pazos ou o pai Andrés Ramos.

Ademais do acto de difusión, que contou con medios locais e galegos, aproveitouse o evento para por en marcha o que será o Mes do Cocido de Lalín en Madrid e que contará con oito restaurantes da comunidade entre os que se atopan El Jamón y el Churrasco, o propio Centro Gallego de Madrid, entre outros. Ao comezo do acto, o cociñeiro lalinense Alberto González de Casa Currás explicou a algúns dos cociñeiros presentes as características e particularidades do Cocido de Lalín e a idiosincrasia do propio prato a fin de que aqueles hostaleiros que o preparen nos seus establecementos cumpran cuns estándares semellantes aos de Lalín.

Estas xornadas do Mes do Cocido de Lalín en Madrid comezarán o día 24 de xaneiro, coincidindo coa celebración de FITUR, e estenderanse ao longo de todo o mes de febreiro. Aínda que inicialmente están confirmados 8 restaurantes, a convocatoria segue aberta para que se incorporen novos establecementos e se incremente esta cifra de difunden e ofrecen este prato e dan a coñecer os produtos lalinenses.

O alcalde Crespo aproveitou a ocasión tamén para presentar o pin do Cocido, que xa se empeza a repartir nos restaurantes que ofrezan Cocido de Lalín  dende hoxe na capital dezá. Uns pins que colocou nas solapas dos actores Serxio Pazos e Xoel Fernández que o luciron ao igual que o resto dos convocados.

O impulsor da idea de celebrar o Mes do Cocido de Lalín en Madrid, José Luis Caba, coordinador do Airiños Gastro destacou na súa alocución que “son algúns os restaurantes que fan en Madrid cocido galego, pero coa iniciativa que se pon en marcha agora, queremos poñerlle aos madrileños nas nosas mesas, Cocido de Lalín que é un paso máis tanto en calidade como en difusión”. Ao longo dos vindeiros anos “traballaremos para que sexan máis os restaurantes que no inverno ofrezan este cocido de primeiro nivel de calidade”.

O conselleiro destacou a “importancia que teñen estes actos de difusión tanto para a gastronomía galega como para os atractivos lalinenses e galegos” e que é a mellor forma “de dar a coñecer os produtos lalinenses de calidade”.

Pola súa banda, o alcalde indicou no seu discurso que “conseguimos que na capital de España e no interland de Madrid coñezan Lalín e a Feira do Cocido moi ben e que sexa o punto que mellor se coñece a Feira, incluso mellor que noutros que están máis preto”. Algúns hostaleiros de Madrid que teñen restaurantes de moita calidade “puxéronse en contacto comigo no Senado fai agora tres ou catro meses e dixéstesme como vería a posibilidade de facer o Mes do Cocido de Lalín en Madrid”. Dixo que todo o que “é darlle difusión ao Cocido e ao meu concello, vale. Nós para deixar utilizar o nome de Lalín nós queremos que se cumpran unha serie de requisitos: que os produtos se merquen en Lalín...”.

 Xa hai uns cantos restaurantes en Madrid que “queren poñer o Mes do Cocido de Lalín”.  Algúns como Restaurante Sanxenxo (natural de Sanxenxo) e Restaurante El Jamón y El Churrasco (natural de Cercio) fixeron o Mes do Cocido eles dous durante bastantes anos coincidindo co Mes do Cocido de Lalín”. Agora xa “queren facelo como lobby e os directivos do Centro Galego son precisamente os que promoveron esta xuntanza e hoxe precisamente imos explicarlles o que é o Mes do Cocido, para que vale, algúns xa están convencidos e  outros a ver se  os convencemos para que se poida facer na capital de España o Mes do Cocido de Lalín: primeiro porque os produtos deben mercalos en Lalín; segundo porque se un madrileño come o Cocido de Lalín en Madrid seguramente cando veña a Galicia irá visitar Lalín a probar o cocido orixinal”. É unha forma de “facer patria e de vender os nosos produtos e é unha forma de facer máis famoso, se cabe, a Feira do Cocido e o pobo de Lalín”.

O bo sería realizar o ano que vén a primeira edición real do Mes do Cocido en Lalín en Madrid e “a ver se tiveramos unha ducia de restauradores, sería un logro histórico porque non hai  ningún restaurador de ningún sitio que fagan o mes dun produto en Madrid capital”. Para nós “sería un luxo: doce restaurantes dos bos dando cocido durante un mes en Madrid si van dar unha publicidade boa e sen pagar nós nada. Nós dámoslle apoio loxístico e ao de difusión, o resto pagarían eles. O Concello de Lalín tería un retorno moi bo cun custo relativamente pequeno”.

Tralas intervencións, os asistentes, máis de medio cento, aproveitaron a ocasión para degustar o Cocido de Lalín como se serve e se prepara en Lalín, preparado polo cociñeiro Alberto Currás.