- O Mes do Cocido abrirase o mércores ao tempo que se celebrará unha reunión en Madrid para que hostaleiros galegos radicados na capital poidan participar neste evento de promoción e difusión do Cocido lalinense en Madrid.
- Esta xuntanza, que contará coa participación do Alcalde de Lalín, celebrarase no Centro Galego de Madrid e terá como cociñeiro encargado de explicar as condicións do noso Cocido a Alberto González de Bodegón Currás.
Os “porquiños” do Cocido volverán ás rúas para ocupar a súa posición habitual durante o “Mes do Cocido” que se pon en marcha o vindeiro mércores día 15 de xaneiro e que será o pistoletazo de saída da edición LVII Feira do Cocido que terá lugar o vindeiro 23 de febreiro.
As 27 estatuas da Feira do Cocido repatiránse entre os máis de 50 establecementos que tomarán parte no patrocinio do Mes do Cocido co que se irán repartindo inicialmente entre uns negocios e que se irán cambiando ao longo da celebración.
Esta edición, o Mes do Cocido iniciarase coa presentación do pin do Cocido e cunha reunión que terá lugar en Madrid o propio mércores na que participarán un grupo de hostaleiros madrileños que pretenden por en marcha unha iniciativa na capital do Estado que acompañe á promoción da Feira do Cocido que se fai en Madrid. Deste xeito, ademáis dos 24 restaurantes do Mes do Cocido, esta mesma edición e nos vindeiros anos poderían acompañar ao restaurantes lalinenses, un número por fixar na reunión do mércores de restaurantes madrileños que ofrecerían na capital Cocido de Lalín coas mesmas características e coas calidades e carnes de Lalín.