O chef de Poio, Pepe Solla, vai a ser o pregoeiro da LIII Feira do Cocido de Lalín, o domingo 26 de setembro.

O cociñeiro responsable de Casa Solla, distinguido con unha Estrela Michelín, participa na actualidade como presentador do programa “Pescados y Mariscos” de Canal Cocina, ademáis de dirixir e colaborar noutros proxectos gastronómicos.

“Ao Cocido véxoo coma a esas iconas que non se poden nen se deben modernizar” Pepe Solla

A cita é ás 12:30h na carpa do campo da feira, onde a continuación haberá unha sentida homenaxe a José González Solla, pai do pregoeiro e finado no ano 2020, asiduo colaborador da Feira do Cocido durante moitas edicións, como xurado dos Premios Gastronómicos Álvaro Cunqueiro.