Será unha edición simbólica, sen desfile nen encomenda, e tampouco postos de venda.

A edición do 2021 da Feira do Cocido de Lalín non deixará de celebrarse, aínda que cunha edición reducida e simbólica que suprime actos coma o desfile ou a encomenda, e tamén os tradicionais postos de venda de produtos e artesanías.

Xa se presentara o cartel deste ano, obra do artista Paco Pestana, e tamén se celebrou a entrega dos premios de xornalismo Álvaro Cunqueiro, e finalmente decidíuse facer unha serie de actos culturais para non deixar pasar un ano en branco, e manter o espíritu festivo do Cocido para os veciños e tamén ao sector da hostalería, todo cumprindo as normas sanitarias precisas que imperen en cada momento.