COMEZA A DISTRIBUCIÓN DAS FIGURAS DOS PORCOS POLOS RESTAURANTES PARTICIPANTES NO XXVI MES DO COCIDO

Iníciase a instalación da carpa do Cocido no campo da feira polo que desde mañá estará pechado para facilitar a súa montaxe

Comeza a distribución de todas as esculturas dos porcos polos restaurantes participantes no XXVI Mes do Cocido, tanto do casco como do rural. Así mesmo en próximos días está prevista a instalación dos arcos de luces alusivos á Feira do Cocido nas principais entradas ao pobo.

Por outra parte, recordar que se comeza a instalar no campo da feira a carpa onde se celebrarán os distintos eventos da LVI Feira do Cocido, co que desde esa data estará pechado o campo da feira para facilitar en tempo e forma a súa instalación.

Postos da Feira

Desde o 10 de xaneiro e ata o próximo venres, 19 de xaneiro, poderán presentarse ofertas para os postos de venda da Feira do Cocido no campo da feira vello. Indicar que o prazo para a instalación de postos tradicionais de polbo terán ata o 2 de febreiro, de acordo ás bases técnicas e administrativas que rexerán a concesión de autorizacións de postos na LVI da Feira, que foron aprobadas en xunta de goberno e que veñen de ser publicadas na plataforma de contratos municipal.