LALÍN PRESENTA O CARTEL DA 58ª FEIRA DO COCIDO, OBRA DO PINTOR JOSÉ MARÍA BARREIRO

Presentouse o cartel oficial da 58ª Feira do Cocido, unha creación do recoñecido pintor galego José María Barreiro, autor dunha destacada traxectoria artística de máis de seis décadas e un dos cartelistas máis prolíficos da propia Feira.

O alcalde de Lalín, José Crespo, destacou que se trata dun cartel que gustará ao público, “un cartel de festa, profundamente vinculado coa nosa identidade e coa esencia do que somos”. A súa estética e simbolismo continúan a tradición de empregar a arte galega como expresión da alma dunha celebración que transcende o gastronómico. Expresou o seu agradecemento ao artista: “É un orgullo que un dos grandes pintores galegos represente a nosa Feira. Grazas por facer un cartel que reflicte tan ben o que somos”.

José María Barreiro é o autor do primeiro cartel oficial da Feira en 1969, marcando o inicio dunha tradición que desde entón acompaña cada edición. Volveu ser cartelista en 2010 e regresa agora en 2026, reforzando así un vínculo artístico e emocional coa Festa.

En 2022 foi nomeado "Comendador do Cocido", nun acto celebrado en Miami durante a presentación internacional da Feira