O alcalde de Lalín, José Crespo, vén de anunciar que o gran pintor, José María Barreiro, será o encargado de realizar o cartel da 58ª edición da Feira do Cocido, que se celebrará o 8 de febreiro de 2026. Trátase dun nome moi especial para a historia da Feira, xa que Barreiro foi o autor do primeiro cartel oficial en 1969, así como dos carteis das edicións de 2010 e agora da vindeira. Con tres carteis ao seu nome, é un dos cartelistas máis prolíficos da historia da Feira do Cocido.

José María Barreiro é tamén Comendador da Feira do Cocido, distinción que recoñece a súa implicación e contribución á promoción da festa gastronómica máis emblemática de Galicia. Ademais do cartel, está a traballar no deseño do pin oficial da edición de 2026.
A Feira do Cocido de Lalín conta cun dos elencos de cartelistas máis destacados de Galicia e España, con nomes como Paco Leiro, Paco Pestana ou Manolo Paz, por poñer tres exemplos, que contribuíron con obras de gran valor artístico. Barreiro, que realiza o cartel de forma desinteresada como todos os cartelistas da Feira do Cocido, representa a esencia desta tradición: arte, compromiso e paixón pola terra.
Tendo en conta a súa pintura, o cartel da 58ª Feira do Cocido promete ser unha obra que gustará, en Lalín e fóra.