- Xa comezaron os traballos de montaxe para a Gala do Cocido
-
Ana Guerra, Marc Seguí, Isabel Aaiún, Nebulossa (representante de Eurovisión o pasado ano), David de María, La Década Prodigiosa, El Combo Dominicano, Olympus, Antonio Barros (solista galego), Penúltima Sabinera (Covers de Joaquín Sabina), Rokiño e María Kilate (DJ galego), Cantos da Terra, Máis que Danza, Carballeira de Cercio, Randela e o grupo MEU conforman o cartel da Gala do Cocido que se celebrará o venres 21
-
José Ramón Gayoso, Esther Estévez e Rafael Durán, serán os presentadores do programa no que se entregarán os premios Álvaro Cunqueiro
-
As entradas repartiranse o martes día 18, a partir das 17:00 horas, no hall do Concello
PRESIDENTA DO RC CELTA
Marián Mouriño Terrazo é a actual presidenta do RC Celta, equipo galego de fútbol que milita na Primeira División española. Con formación en estudos empresariais pola Universidade de Miami (Florida, EEUU), trasladou a súa residencia a Campeche durante dez anos onde se fixo cargo da xestión do grupo empresarial GES (Grupo Energético del Sudeste), que abarca un amplo abano de franquicias internacionais.
Desde ese momento a súa vida desenvólvese entre España e México DF dependendo das esixencias da súa actividade empresarial. Paralelamente á xestión do grupo, Marián Mouriño tamén está á fronte da Fundación Juan Camilo Mouriño Terrazo, institución de asistencia centrada no apoio aos mozos en vulnerabilidade económica.
Cunha ampla traxectoria profesional en diferentes entidades, entre 2001 e 2004, formou parte do departamento Administrativo e Financeiro de Comunitel Global (Vodafone), dirixindo os procesos de lanzamento de venda de produtos a nivel administrativo e financeiro. Sería no ano 2005 cando comeza a súa andadura en el RC Celta. Naquel momento facíase cargo da Dirección de Proxección e Marketing do club, cargo que ten que abandonar no ano 2009 obrigada pola actividade de múltiples compromisos empresariais. De feito no ano 2021 convértese na administradora única do Grupo Corporativo GES Industrial. Ese mesmo ano pasou a formar parte da Xunta Directiva do Círculo de Empresarios de Galicia.
Seguindo sempre moi de preto a entidade celeste volvería en 2019 para dirixir o macroproxecto cultural, de formación e deportivo GS 360 do RC Celta.
Coñecedora dos valores e a filosofía que transmite o club, en decembro de 2023, Marián Mouriño convértese na primeira muller presidenta do RC Celta. Un nomeamento que a fixo medrar en popularidade traspasando todas as fronteiras grazas á masa social que segue o conxunto celeste ao longo de todo o mundo.
Javier Moll de Miguel (Zaragoza, 1950) é un empresario e editor español, fundador e presidente do grupo editorial Prensa Ibérica.
Licenciado en Dereito, en 1978 iniciou unha recoñecida carreira xunto á súa muller, Arantza Sarasola, como empresario xornalístico coa adquisición da Editorial Prensa Canaria, á que pertenceron La Provincia e Diario de Las Palmas.
A fundación de Prensa Ibérica como grupo familiar de empresas rexionais remóntase a 1984, ano no que a empresa adquiriu La Nueva España en Asturias, Levante-EMV en Valencia e Información en Alacante e iniciou un intenso proceso de expansión na Península Ibérica. E dous anos despois, en 1986, o grupo de comunicación adquire Faro de Vigo, o principal xornal da prensa española.
Tras a adquisición do Grupo Zeta en 2019, o lanzamento de El Periódico de España en 2021 e as incorporacións máis recentes de xornais como El Correo Gallego e El Correo de Andalucía, Prensa Ibérica converteuse no principal grupo de prensa autonómica e local de España, con 27 xornais e 72 Crónicas locais, ademais de diversas revistas.
As publicacións do grupo contan con dous millóns de lectores diarios en papel (EGM) e 185.000 exemplares (OJD), cun sólido posicionamento en formato dixital. En Internet, os xornais do grupo chegan aos 22 millóns de usuarios únicos e superan os 450 millóns de páxinas vistas ao mes.
Arantza Sarasola Ormazabal (San Sebastián, 1949) é unha empresaria e editora fundadora do grupo editorial Prensa Ibérica, xunto co seu marido Javier Moll de Miguel.
Vicepresidenta da empresa, é diplomada en turismo, licenciada en xeografía e historia, licenciada en Estudos Ingleses e Máster en Literatura Inglesa En 1978 iniciou a carreira como redactora de prensa coa adquisición da Editorial Prensa Canaria, á que pertenceron La Provincia e Diario de Las Palmas.
A fundación de Prensa Ibérica como grupo familiar de empresas rexionais remóntase a 1984, ano no que a empresa adquiriu La Nueva España en Asturias, Levante-EMV en Valencia e Información en Alacante e iniciou un intenso proceso de expansión na Península Ibérica. E dous anos despois, en 1986, o grupo de comunicación adquire Faro de Vigo, o principal xornal da prensa española.
A edición de xornais, á que lle dedicou os últimos 45 anos xunto ao seu marido, é unha das grandes paixóns de Arantza Sarasola, unha muller cunha extraordinaria sensibilidade polo cine, a pintura e outras manifestacións culturais. O futuro da familia Moll-Sarasola non se pode entender sen as vicisitudes que viviu Prensa Ibérica e sen a súa fe na prensa como panca de progreso.
PREPARATIVOS DA GALA
Comezaron os preparativos da Gala do Cocido e iniciouse a montaxe de toda a dotación técnica que implica un evento desta categoría. Unha vez protexida a pista, colocáronse as telas que converten a zona leste do pavillón nunha caixa negra na que se sitúa o escenario. E tamén comezou a montaxe do escenario que acollerá a artistas, presentadores e premiados e que terá un tamaño semellante ao de anos anteriores chegando aos máis de 30 metros de boca.
Ao tempo, está practicamente pechado o cartel de artistas da Gala que se pechou coas seguintes actuacións e artistas.
-
Ana Guerra
-
Marc Seguí
-
Isabel Aaiún
-
Nebulossa (representante de Eurovisión o pasado ano)
-
David de María
-
La Década Prodigiosa
-
El Combo Dominicano
-
Olympus
-
Antonio Barros (Solista galego)
-
Penúltima Sabinera (Covers de Joaquín Sabina)
-
Rokiño e María Kilate (DJ galego)
-
Cantos da Terra
-
Máis que Danza
-
Carballeira de Cercio
-
Randela
-
MEU (de Lalín)
O programa será presentado por José Ramón Gayoso e Esther Estévez. E contarán co presentador e animador Rafael Durán que fará a dobre función de animador, como o pasado ano que conseguiu ter ao público animado dende moi cedo, co de presentador con entrevistas dende o backstage.
SERENO
Esta edición contará ademais coa participación da figura do “Sereno” que pechou as Aldeas de Nadal e que gardará todo o ano as ilusións dos rapaces lalinenses polo Nadal. O artista Luchi Iglesias, que lle dá vida, tamén lle dará vida a un dos cabezudos do Entroido, a Don Cocho, que animará a Gala e tomará parte activa da mesma.
Esta conexión permitirá difundir tamén as Aldeas de Nadal como atractivo vencellado a Lalín.