Os galardóns entregaranse o venres 21 de febreiro na Gala do Cocido que se celebrará no Lalín Arena retransmitida pola TVG
O alcalde de Lalín, José Crespo, presidiu hoxe a reunión do xurado da XXXI edición dos Premios de Gastronomía de Galicia. O xurado conformado estivo conformado por:
D. Avelino Souto Rozados - Concelleiro de Turismo de Lalín.
D. José Paz Gestoso, director do Centro Superior de Hostalería de Galicia (CSHG).
María Varela Mosquera, (A Parada das Bestas) en representación do Grupo Nove
Francisco Gómez González (A Feira Pulperías) en representación de Amigos da Cociña Galega na súa calidade de vicepresidente
José Martínez Vidal (Restaurante Parrulo) do Clube Gastronómico Rías Altas
José Luis Iglesias González (Rest. Cabanas) – Membro de Eurotoques, Xantares, Lareira e Amigos da Cociña Galega
Alberto González (Casa Currás), en representación da Comisión de Hostalería Local.
E César López Arribas, secretario xeral do Concello que actuou como secretario do xurado
O xurado decidiu outorgar os seguintes premios, todos por unanimidade:
En primeiro lugar, o Premio “Pepe Solla” ao labor de toda unha vida dedicada á gastronomía recaeu en José Antonio Pérez Rodríguez “Pepe Callos”, de Bar Restaurante Fuentefría de Ourense polo seu traballo ao longo de medio século na hostalería e pola elaboración para o seu restaurante de peixes afumados, entre outras delicias.
No apartado do premio ao “Profesional que máis se distinguira na potenciación da Cociña Galega”, alzouse co galardón Áxel Smyth do Restaurante Simpar (estrella Michelín) de Santiago de Compostela polo bo traballo na difusión da gastronomía galega e os seus produtos. Hoxe en día o restaurante máis premiado da hostalería española.
ENTIDADE POTENCIACIÓN DA GASTRONOMÍA GALEGA
O xurado distinguiu no apartado do “Premio á empresa ou entidade que máis contribuíu á promoción da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos galegos” ao Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa pola tradición consolidada na defensa dun dos produtos máis senlleiros do interior de Galicia.
Así mesmo o xurado concedeu o “Premio ao pequeno produtor galego” á empresa CienPorCel, industria alimentaria do porco celta (Osmo-Cenlle), un obrador que elabora tradicionalmente os seus embutidos seguindo as técnicas antigas de salgado, curado e afumado con leña de carballo comercializando un produto de moi alta calidade.
PREMIO Á ADEGA OU EMPRESA VITIVINÍCOLA
Por último, no apartado do premio á “Adega ou empresa vitivinícola” o galardón recaeu en Adegas Gerardo Méndez-Do Ferreiro (Meaño-Pontevedra) polo traballo con viños como que da nome á propia adega.
Os premios de Gastronomía de Galicia entregaranse xunto ao Premio Álvaro Cunqueiro de Xornalismo Gastronómico na Gala do Cocido o venres 21 de febreiro que se celebrará no Lalín Arena e que será retransmitida pola TVG.