PRESENTADA A IV FEIRA INTERNACIONAL DE APICULTURA DE LALÍN "ALVARIZA"

O concelleiro de Turismo, Avelino Souto, xunto ao organizador do evento, o apicultor David Liñares, presentaron onte a 4ª edición de Feira Alvariza

O concelleiro de Turismo, Avelino Souto, xunto ao organizador do evento, o apicultor David Liñares, presentaron onte a 4ª edición de Feira Alvariza, un dos eventos que se realizan arredor da Feira do Cocido e que xa acada a súa 4ª edición asentándose no calendario como unha das mellores feiras apícolas de Galicia e España.

A fin de semana do 1 e 2 de febreiro o protagonismo será para as abellas, as colmeas, o mel, os apicultores e os produtos e servizos relacionados co sector, nun evento instalado da Carpa do Cocido e cuxo intenso e variado programa será desvelado gradualmente en vindeiros días.