O alcalde de Lalín departe con diversas personalidades como os comendadores José Luis Martínez-Almeida, Juan Carlos Escotet e Pedro López Jácome
O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou onte Fitur e aproveitou a ocasión para departir con diversas personalidades, como os comendadores José Luis Martínez-Almeida, Juan Carlos Escotet e Pedro López Jácome. Ademais, asistiu á presentación da Estratexia de Turismo de Galicia e ao seu remate conversou co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que lle confirmou que hoxe estará asistirá á presentación en Fitur da Feira do Cocido.
Ademais Crespo tamén aproveitou para achegarse á presentación do stand de Xapón en Fitur onde mantivo un encontro co pregoeiro da 57ª Feira do Cocido, o embaixador extraordinario e plenipotenciario do Xapón en España, Takahiro Nakamae, a quen lle entregou un pin promocional do Cocido e ademais tratou con el como será a presenza do embaixador en Lalín na fin de semana da Feira Cocido así como o programa de actividades, no que foi un encontro cordial. No stand do Xapón Crespo asistiu á apertura do barril de Sake, unha cerimonia tradicional asiática.
Cómpre destacar que o comendador José Luis Martínez Almeida promocionou o Cocido de Lalín durante a súa intervención na inauguración do stand de Galicia.