Exposición

A exposición artístico-porcina é unha recoñecida iniciativa que, tomando como referencia a exposición de vacas Cow Parade, púxose en marcha con idéntico grao de orixinalidade para promocionar este Concello. Optouse polo porco como figura base da mostra por canto supuxo, e aínda supón, nas terras dezás este animal totémico, sen esquecer que a súa carne é ingrediente ineludible na elaboración do noso Cocido.

Os “porquiños” de Lalín está chamados a ser a imaxe de marca de Lalín en España xunto co “Lalín Quilómetro Cero de Galicia”. Os nosos porquiños causaron furor durante o seu debut en Fitur 2008 e posteriormente estiveron en Andorra, a Semana Temática de Lalín en El Corte Inglés, a Semana Verde de Galicia ou na cidade de Vigo. Pero a plataforma de lanzamento de esta exposición foi a XLI Feira do Cocido. Na actualidade estes embaixadores do Cocido forman parte do mobiliario urbán de Lalín durante o Mes do Cocido e no día grande da Feira do Cocido, engalanando rúas e sendo protagonistas fotográficos dos miles de visitantes.