A cultura, unha boa maridaxe para o Cocido de Lalín

Dende os seus comezos, en 1969, a Feira do Cocido pouco a pouco pasa de ser unha simple festa gatronómica a unha exaltación SOCIO – CULTURAL a carón do seu elemento principal: O PORCO

Cartel do Cocido

Os primeiros carteis do cocido son asinados por imprentas. Non é ata 1975 cando se empezan a facer os carteis asinados por artistas, e a Feira do Cocido ten a honra de que fose Laxeiro o que aceptase abrir as portas a esa iniciativa, facendo da arte unha boa maridaxe para o cocido. O artista promociona a Feira do Cocido e a Feira do Cocido promociona ao artista.

Seguiron a Laxeiro: Sucasas, Virxilio, Paío, Fortes, Alicia Alonso, Santiago Valdés, Aymerich, Moldes, Paco Lareo, Lamazares, Gloria Alonso, Armindo Salgueiro, Xabier Arias, Nicolás, Álvaro Negro, Nicolás, Álvaro Negro, Moncho Borrajo, Fondevila, Macías, Quintana Martelo, Antón García Patiño, Jorge Castillo, Barreiro, Antón Pulido, Chelín, Vidal Souto, Pilar Taboada, Alexandro e Francisco López “Pichi”, Misha Bies Golas …

Desfile do Cocido

Distintas parroquias e asociacións gandeiras toman o divertimento do desfile como escusa para amosar aspectos antropolóxicos, etnográficos, de crítica social…etc. de Lalín e do mundo.

Puidemos ver, nestes anos, a matanza do porco, a granxa, as festas populares, a canteiría, os leñadores, o aserradeiro, o liño, o trigo, a viña e o viño, o Papa, a boda, reinvindicación leiteira, Loriga, Ramón Aller, o Oeste… En definitiva unha clase didáctica polas rúas de Lalín.28022011022_19357171274_o

 

Cocido das Artes

Xuntanza de artistas plásticos, literatos, músicos, amantes das artes e da cultura de toda Galicia para renderlle homenaxe ao Cocido. Nace en 1999 como un encontro anual, para tratar os temas que lles atinxen na actualidade.

En Lalín a Cultura é = a vida

Unha amalgama de actividades envolven e dan vida á Feira do Cocido, así como o porco lle deu moita vida a Galicia e lla segue a dar. Os veciños e visitantes poden gozar da música, danza contemporánea, ballet, teatro, exposicións, cine, presentacións de libros, conferencias…etc.