O Cocido 2021 contará cunha curta pero intensa actividade  musical e gastronómica.

Festivais musicais, show cooking e o pregón serán as estrelas culturais da LIII edición, do xoves 23 ao domingo 26 de setembro.

As entradas poden reservarse na web https://www.lalin.gal/cocido2021
Excepto para o LALIN D-FEST, que teñen que adquirirse en https://www.wegow.com/es-es/conciertos/lalin-d-fest

        

MENÚ

  • XOVES 23 – 21H CONCERTO de ROI CASAL
  •  VENRES 24 – 18,30H SHOW COOKING EUROCHEF a cargo de ALEX IGLESIAS (Restaurante Cabanas) e IVÁN MÉNDEZ

22,30H CONCERTO de LUAR NA LUBRE

  • SÁBADO 25 – LALÍN D.FEST (entradas en wegow.com)
  • DOMINGO 26 – 11H BANDA DE GAITAS E BAILE CORIBANTES

12,30H PREGÓN a cargo do chef PEPE SOLLA (no hall do edificio do Concello)

13H CONCERTO DE SUSANA SEIVANE

 

NORMAS A SEGUIR NOS EVENTOS:

1. Prégase absterse de asistir a este evento no caso de calquera sospeira de enfermidade contaxiosa por vía aérea ou no caso de estar suxeito a corentena domiciliaria.

2. Obrígase ao uso de máscara durante toda a celebración do evento, á hixiene de mans á entrada e a non fumar, comer nin beber no recinto.

3. Os asistentes seguirán en todo momento as indicacións de Protección Civil.

4. Ao remate do espectáculo o público permanecerá sentado ata que se lle indique a saída por parte de Protección Civil.

5. No caso de querer saír, deberase levantar a man para que Protección Civil se achegue para facilitarlle a saída.

6. A organización resérvase o dereito de admisión, e poderá indicar ás forzad a orde que procedan ao desaloxo de calquera espectador, no caso de que o seu comportamento non sexa adecuado, antes, durante ou ao remate do evento.

7. Por motivos de seguridade, o asistente ó evento deberá presentarse no recinto con tempo suficiente para acceder. Unha vez que o expectáculo comece, e o portador non fixera acto de presenza, a entrada perderá validez dez minutos antes da hora.

8. No caso de non ter reserva previa, deberá cubrir o seu ticket cos seus datos antes de entrar ó recinto. Os datos dos asistentes só serán empregados unicamente con fins sanitarios para o control de posibles gromos.