O Concello de Lalín, a través da concellería de Cultura que dirixe Begoña Blanco, desenvolverá este sábado de Carnaval, 22 de febreiro, dentro da programaciónn da LII Feira do Cocido, recén declarada Festa de Interese Turístico Internacional, o XXII Cocido das Artes, no marco do que se presentará o libro-catálogo da exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane “Creacións máxicas de medidas exactas Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)”. 

O programa de actos do vindeiro sábado no Museo Municipal, que xungue gastronomía (do Cocido) en torno  á arte (xuntanza de artistas pláticos) dará comezo ás 13.00 h coa recepción de artistas e amigos das artes e cunha visita a dita exposición que supón un dos grandes alicientes culturais da Feira deste 2020.

De seguido, sobre as 13.30 h, presentarase o catálogo razoado da exposición de Mallo e Seoane, unha das máis importantes que se teñen desenvolto en Lalín e que segue recibindo numerosas visitas. Así tamén para este sábado 22 está prevista unha visita ás 11.00 h de Socios do Ateneo de Santiago de Compostela (35 persoas) È ás 13.00 h unha  excursión dos “Amigos do Pazo” de Vigo (34 persoas), ademais das 70 persoas asistentes ao Cocido das Artes e do público que asistirá aos diversos actos no Museo.

Tras a presentación do libro-catálogo que deixará a pegada documental desta importante exposición que aínda se pode ver no Museo Municipal ata o 13 de marzo, as autoridades e os artistas desprazaranse  á rúa Colón para participar na tradicional ofrenda ao Porco, para a que se contará coa interpretación musical a cargo do gaiteiro Plácido Rozas. Será ao redor das 14.30 h, e tras a ofrenda terá lugar o XXII Cocido das Artes, a tradicional xuntanza de artistas plásticos, literatos, músicos, amantes das artes e da cultura para render pleitesía ao Cocido