O pregón da LII Feira do Cocido leva nome de muller, a xornalista Sonsoles Ónega Salcedo é a elixida. Periodista dunha familia de periodistas, a Sonsoles a profesión acompáñaa desde o berce. Filla de Fernando Ónega (un dos mellores xornalistas de España, Fillo Adoptivo de Lalín, pregoeiro da Feira do Cocido no 1996, Comendador e gañador do Premio de xornalismo Álvaro Cunqueiro), e tamén irmá da xornalista Cristina Ónega (directora do Canal 24 horas de TVE).

Xornalista todoterreo, especializada en medios audivisuais. Foi corresponsal parlamentaria, durante 10 anos en Telecinco. Na actualidade é presentadora do programa de televisión “Ya es mediodía”, un dos de maior éxito de Telecinco. Traballou en CNN+, Cuatro, e desde 2008 traballa en Telecinco. Colabora como analista política no programa “La tarde de COPE” e na revista “Glamour”. Premio Antena de Prata en 2015 outrogado pola Asociación de Profesionais da Radio e TV.

Compaxina a súa profesión coa faceta literaria. Autora de varias novelas e dun libro de relatos. Gañadora do Premio de Letras de novela corta e do Premio Fernando Lara de Novela.

Nai de 2 fillos. No seu blog “La vida de G”, escribe sobre a súa experiencia de nai dun neno diabético, feito que cambiou de xeito radical a súa vida.