Concertos de Antón Reixa & Os Resentidos e de Nuevo Plan con Miguel Costas, no Kilómetro 0 de Lalín o sábado 15 a partir das 21:00h

Co patrocinio de Estrella Galicia, históricos do rock galego farán as delicias de novos e non tan novos amenizando a movida do sábado pola noite.

Antón Reixa e Os Resentidos tocarán novos temas e tamén farán gozar ó público cos seus coñecidos temas de sempre.

A banda Nuevo Plan acompañará ao ex Siniestro Total Miguel Costas para ofrecer as súas versións rockanroleiras novas e os xa clásicos.