O humorista, actor e presentador, Roberto Vilar, será o pregoeiro da XLIX Feira do Cocido de Lalín, que se celebra o 19 de febreiro. Así se anunciou nun acto oficial que tivo lugar no Restaurante La Molinera, coa asistencia do alcalde e de diferentes membros da corporación, así como de patrocinadores da Feira e, por suposto, do propio pregoeiro.

Roberto Vilar, que dirixe e presenta actualmente o espazo Land Rober da Televisión de Galicia, prometeu inaugurar o festexo gastronómico cun pregón “cargado de humor, risa e cachondeo, porque comer en Galicia é unha festa e o Cocido de Lalín é a gran verbena”.

O coñecido presentador tamén falou na súa presentación do cariño e dos vínculos que o unen con Lalín, onde traballou de xeito habitual, nos seus inicios televisivos.