noname-5

INGREDIENTES PARA 10 PERSOAS:

1⁄2 cacheira de porco curada.
1⁄2 Lacón curado (aprox. 1 quilogramo).
Soá (aprox. 1,5 quilogramos).
2 Rabos salgados (aprox. 250 gramos).
Touciño veteado (aprox. 750 gramos).
Costela salgada enteira ou en tiras (aprox. 750 gramos).
3 Fuciños salgados.
5 Orellas salgadas.
5 Unllas salgadas.
10 Chourizos de Lalín.
5 Chourizos ceboleiros.
4 Linguas salgadas.
1 galiña da casa (aprox. 1 quilogramo).
Tenreira: falda ou xarrete (aprox. 750 gramos).
2 anacos de unto: (200 gramos).
Garabanzos (1 quilogramo).
Fabas grandes (700 gramos).
Grelos (6 molladas de un quilogramo).
Patacas (aprox. 1,5 quilogramos).

MODO DE PREPARACIÓN:

CATRO DÍAS ANTES: pór o lacón a desalgar en auga fría e, a poder ser, nunha zona fresca para evitar que colla cheiros. É preciso cambiar a auga cada 24 horas.

DOUS DÍAS ANTES: lavar coidadosamente toda a carne de porco (soá, costela, cacheira, rabo, fuciños, orellas, etc.) e poñela a desalgar e hidratar tamén en auga fría, cambiando a auga ás 24 horas.

UN DÍA ANTES: pór a remollo os garabanzos e as fabas en cadanseu recipiente.