O acto, que deu comezo ao percorrido promocional do Cocido polas principais prazas de abastos de Galicia, foi un éxito absoluto a todos os niveis e demostra que esta novidosa iniciativa que substituiu ao bus do cocido foi un acerto.

Ao longo da mañá foron centos os pontevedreses e os turistas que se achegaron ao escenario da promoción a solicitar información sobre Lalín e sobre a Feira, así como a degustar as tapas.

Anabel Gulías, Vilariño e Cuíña coincidiron en sinalar a boa sintonía existente entre os concellos de Lalín e Pontevdra, factor, entre outros, determinante para dar inicio ao actos de promoción nesta cidade. Os representantes municipais destacaron a fortaleza do Cocido como elemento de atracción de visitantes e prato que serve para situar a Lalín no mapa. Fixeron fincapé en que a Feira do Cocido que este ano se celebra o 24 de febreiro é a festa gastronómica máis importante do inverno, motivo polo que dende o Goberno Local se vén realizando un esforzo moi importante na súa difusión e co obxecto de conseguir que un ano máis se supere o récord de cocidos servidos nos restauranted de Lalín. Finalmente convidaron a todos os veciños de Pontevedra a visitar Lalín durante o Mes do Cocido e a acudir ao día grande o vindeiro 24 de febreiro.