Presentación:

O Food Truck é un restaurante rodante que levará a presentación da XLVIII Feira do Cocido de Lalín polas 7 cidades de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Compostela e Ferrol) e a cidade de Braga (no norte de Portugal).
Situarase sempre en lugares emblemáticos das cidades que visite (Praza do Obradoiro, Obelisco, Praza de Armas…) e o día da Feira do Cocido de Lalín emprazarase na Praza da Igrexa, actuando como punto de información turística.
Trátase dun xeito innovador e moderno de levar a presentación do cocido alén de Lalín, asegurando unha grande repercusión e difusión da Feira do Cocido.

×Close