A concelleira de Cultura e Turismo de Lalín, Begoña Blanco, presentou a décima edición de EmporcARTE, un evento artístico que ten ó cocido como motivo de inspiración.

A inauguración será o sábado 28 de marzo ás 13:00h no Museo Ramón Mª Aller, e na exposición deste ano participarán uns 50 artistas plásticos de varias disciplinas (pintura, escultura, fotografía…), algúns xa participantes noutras edicións. Estará aberta ao público ata o sábado 30 de maio.

Vaise aproveitar a ocasión para facer unha exposición inédita dos últimos carteis do Cocido, xa enmarcados.