O martes 9 de febreiro, en sesións de 12:30 horas e ás 18:00 horas, a contacontos Raquel Queizas ofrecerá o espectáculo «O segredo do tendal».

O segredo do tendal

O segredo do tendal

Colgadas no tendal, as letras senten o sol a facerlles cóxegas e bailan unas coas outras. A roupa tamén quere xogar como elas: as pinzas axudan a un pano a medrar até se converter nunha montaña, una toalla foxe correndo entre as cordas… ou é un can de palleiro?

Raquel Queizás é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela (1998). Cursou estudios de Artes Escénicas (interpretación, clown, improvisación, expresión corporal, bufón, commedia dell’arte, danza teatro, mimo, voz e canto, acrobacia, manipulación e fabricación de títeres, etc.) en diferentes centros ou encontros de formación (UNIMA Aragón, Sala el Montacargas de Madrid, RESAD, Sala DT, Taller de teatro Asura, PROEXDRA, Estudio 3, Aula de Teatro de Santiago de Compostela, Espacio Aberto).

Formou parte do elenco de compañías como; Os Monicreques de Kukas, A Xanela do Maxín, Galitoon, ou como actriz e manipuladora da obra “Valdemuller” do Centro Dramático Galego. Fora de Galicia tamén participou en diversas compañías como; Akantaros, Tragaleguas teatro, Trasteando títeres ou Leo Bassi entre outras.