O programa da Radio Galega líder das mañás, “Galicia por diante”, dirixido e conducido por Kiko Novoa, emitese este xoves en directo dende a sala de prensa do concello de Lalín. Por terceiro ano consecutivo este espazo radiofónico matinal de referencia informativa e de gran audiencia, retransmitirá nunha xornada previa á Feira do Cocido para toda Galicia cunha programación especial sobre a festa gastronómica e sobre Lalín coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia. Deste xeito, o programa contará coa intervención do alcalde, Rafael Cuíña, e doutros convidados locais ademais de cos seus colaboradores habituais. O programa emitese dende o concello a partir das 08.30 horas e ata as 12 do medio día con asistencia libre á emisión por parte do público, polo que o alcalde animou a toda a cidadanía a participar na retransmisión deste xa histórico espazo radiofónico da Radio Galega. Este programa é unha plataforma moi axeitada para a promoción e difusión da Feira e tamén dos recursos turísticos de Lalín, da comarca e por extensión de todo o territorio galego, por eso conta coa colaboración da Axencia Turismo de Galicia.