Hoxe martes 11 de febreiro, o BOE publica a resolución da Secretaría de Estado de Turismo pola que se recoñece oficialmente a Feira do Cocido de Lalín como Festa de Interese Turístico Internacional, situandoa así como a festa gastronómica máis importante de España.

Un salto de calidade no devir da Feira do Cocido, xa que a internacionalización marcará o inicio dunha nova etapa para elevar o noso evento á excelencia.

O Concello de Lalín quere agradecer á Secretaría de Estado de Turismo polo galardón e á Consellería de Román Rodríguez pola colaboración e apoio prestados neste proceso.