A celebración da Gala da Gastronomía de Galicia cun carácter solidario; a recuperación da Encomenda do Cocido como ferramenta de difusión e promoción da Feira; a presenza de varios Entroidos tradicionais galegos no desfile de carrozas e comparsas; da concentración moteira internacional “Motococido” o 6, 7 e 8 marzo ou da única proba puntuable de España do Campionato Mundial de Enduro do 24 ao 26 abril son algunhas das novidades desta 52 edición 2020.

Sábado 15
O sábado do Cocido haberá actividades para todos os gustos, desde o VI Torneo de Tenis do Cocido de Lalín que terá lugar no pavillón municipal de deportes ao longo da xornada e que continuará todos os sábados ata 8 de marzo; ao showcooking “Petiscos do Cocido con Estrella Galicia” con Álvaro Villasante do restaurante Paprika e Héctor López do Restaurante España de Lugo (12.00 h na carpa do Cocido do Campo da Feira; carpa do Cocido que se abrirá ás 11.30 h); o programa “Aquí Galicia” que a TVG emitirá en directo a partir das 16 h desde a Praza da Igrexa; un obradoiro “Masterchef do Cocido” (17.00h en Castrodeza -sito no edificio do Concello-); o Concerto do Cocido da Banda de Lalín (20.30h, no Auditorio) ou o Concerto do Cocido a cargo de Antón Reixa e Os Resentidos e Nuevo Plan con Miguel Costas (ás 21.00 h no Km0), entre outras actividades.

Domingo 16

O día grande da Feira, os actos darán comezo ás 10.30 h, na Casa Consistorial coa Encomenda do Cocido (co nomeamento dos 7 Comendadores anteditos).

Ás 12 horas terá lugar a apertura da Feira e visita á carpa do Cocido no campo da Feira. O pregón a cargo de Sonsoles Ónega será ás 12.45 h na rúa Principal e a continuación terá lugar o desfile de carrozas (un total de 7) e comparsas e agrupacións (9) que este ano incorpora representación de 5 Entroidos tradicionais galegos: o Fulión de Mormentelos de Vilariño de Conso (os personaxes principais son os “boteiros”ou “máscaras” e levan un cinto de “chocas”; xunto cos folións de Viana e Manzaneda son dos máis antigos); os Felos de Maceda (levan máscaras talladas en madeira e o seu atuendo é moi vistoso con chaquetiña con galóns dourados); os Villaróns de Riós (teñen traxes e máscaras peculiares e moi vistosos); o Entroido de Samede, en Paderne (os personaxes, “máscaras” ou “bonitos” levan espectaculares sombreiros de plumas e cintas de cores) e o Entroido de Cores de Vilanova (composto de madamas e galáns cos seus bailes tradicionais acompañados por un grupo de gaiteiros).

Durante o sábado 15 e o domingo 16, celebrarase a II Feira de Oportunidades do Cocido (rúa Rosalía de Castro en horario de 11 a 20 h) e tamén se poderá visitar, en horario de 11 a 14 horas, a exposición “Creacións máxicas de medidas exactas, Maruja Mallo e Luis Seoane en Bos Aires (1936-1965)” que reúne 43 obras inéditas da produción bonaerense destes dous referentes plásticos galegos do vangardismo histórico. Unha mostra que supera con creces o milleiro de visitas no seu primeiro mes e que se pode ver no Museo Municipal Ramón María Aller.

TRÁILER PROMOCIONAL TURISMO DE GALICIA
Tamén, ao longo da xornada dominical haberá un tráiler da Axencia Turismo de Galicia, dependente da Consellería de Cultura e Turismo, con información promocional das distintas Festas de Interese Turístico galegas e dos atractivos turísticos de Galicia. Estará na rúa Matemático Rodríguez, á altura da estatua de Loriga, que estará cortada ao tráfico nesa xornada.

Tamén o domingo 16 pola tarde, a partir das 17.00 h actuarán polas rúas as charangas KM Cero e Leña Verde e ás 18.00 h a charanga Ardores na Praza da Igrexa. Ás 20.30 h a orquestra Cinema, tamén na Praza da Igrexa

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO SÁBADO DO COCIDO
Sábado 15 de febreiro
– Do 15 de febreiro ao 8 de marzo (todos os sábados, ao longo da xornada, no pavillón de deportes). VI Torneo de Tenis do Cocido de Lalín, organizado por Breaking Tennis coa colaboración do Concello
– A partir das 12:00 h. ÁLVARO VILLASANTE E HÉCTOR LÓPEZ do Grupo gastronómico NOVE presentan: PETISCOS DE COCIDO CON ESTRELLA GALICIA, na carpa do Cocido.
– A partir das 16:00 h., na Praza da Igrexa. EMISIÓN EN DIRECTO DO PROGRAMA AQUÍ GALICIA da TVG.
– De 17:00 a 18:00 en CASTRODEZA obradoiro “MASTERCHEF DO COCIDO”.
– Ás 20:30 h. na Sala Tuno Valdés do Auditorio Municipal. CONCERTO DO COCIDO “SINFONÍAS PARA REFLEXIONAR: A VIDA” a cargo da BANDA DE LALÍN, coa dirección de David Fiuza Souto.
–  Ás 21.00 h, no Kilómetro O, concertos de ANTÓN REIXA E OS RESENTIDOS e MIGUEL COSTAS CON NUEVO PLAN.
– De 11:00 h. a 20:00 h. II FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COCIDO.

–  Sábado 15 e domingo 16 de febreiro
– De 10.00 a 20:00 h. CARPA DO COCIDO no campo da feira. Espazo de exposición, promoción e venda de gastronomía e produtos galegos.
–  De 11. a 14 h. Exposición de Maruja Mallo e Luis Seoane no Museo Municipal Ramón María Aller.
– De 11 a 20 h. II Feira de Oportunidades do Cocido. Na rúa Rosalía de Castro.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO DOMINGO, 16 DE FEBREIRO, DÍA GRANDE DA FEIRA DO COCIDO
– 10:30 h. Casa Consistorial: Recepción da pregoeira, SONSOLES ÓNEGA, e das demais autoridades asistentes.
– CapÌtulo Xeral da ENCOMENDA DO COCIDO.
Firma da pregoeira no Libro de Honra.
Impresión das mans da pregoeira nun molde.
– 11:50 h. Actuación da CHARANGA VERBENEROS no Campo da Feira.
– 12:00 h. Apertura da Feira e visita á carpa do Cocido do Campo da Feira. COCIDO CORREDOIRO. (Entroidos tradicionais galegos) polas rúas.

– 12:45 h. Pregón da 52 Feira do Cocido a cargo da xornalista e escritora SONSOLES ÓNEGA, na rúa Principal.

– 13:00 h. DESFILE FEIRA DO COCIDO 2020. Carrozas, Charangas, Comparsas, Agrupacións Musicais e Entroidos Tradicionais galegos.
Colabora: Deputación de Pontevedra.

– 17.00 h. Actuación da CHARANGA KM. CERO, e CHARANGA LEÑA VERDE polas rúas.

18:00 h. Actuación da Charanga Ardores na Praza da Igrexa.

20.30 h. Actuación da orquestra CINEMA na Praza da Igrexa.
– Tráiler da Axencia Turismo de Galicia na rúa Matemático Rodríguez con material promocional das distintas Festas de Interese Turístico galegas e demais atractivos turísticos galegos.

DESFILE FEIRA DO COCIDO 2020
CARROZAS, COMPARSAS, CHARANGAS, AGRUPACIÓNS MUSICAIS E ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS.
Colabora: Deputación de Pontevedra

AGRUPACIÓNS MUSICAIS E COMPARSAS
Banda de Gaitas Os Dezas de Moneixas
Asoc. Cultural Carballo da Manteiga
Comparsa Os da Caña de Marín
Comparsa Cor Café de Pontevedra
Comparsa os Canecos de Poio
Comparsa Amoriños de Bora
Asoc. Sociocultural +Qdanza
Comparsa Os Miúdos de Arcade
Comparsa Clube Kung Tai de Lalín

CHARANGAS NA RÚA
Charanga Leña Verde
Charanga Los Verbeneros
Charanga KM Cero
Charanga Ardores

CARROZAS
Cooperativa gandeira de Botos
Carroza de Sello
Carroza Cabaleiros de Lalín
Cooperativa Aprodeza
Cooperativa Val do Deza de Goiás
Cooperativa de Castro de Cabras
Carroza do Grupo de Baile A Carballeira de Cercio

ENTROIDOS TRADICIONAIS GALEGOS
Fulión de Mormentelos
Felos de Maceda
VellarrÛns de Riós
Entroido de Samede
Entroido de Cobres