1 Xaneiro, 2016

O Cocido en Ruta é un restaurante rodante que llevará a presentación da  Feira do Cocido de Lalín por diversos municipios de Galicia (Carballo, Riveira, Viveiro, Carballiño) a veciña Ponferrada e a cidade de Porto.

Situarase sempre en lugares emblemáticos dos lugares que visite. O fin de semana da Feira do Cocido de Lalín situarase na Praza da Igrexa, actuando como punto de información turística.

Tratase dunha forma innovadora e moderna de levar a presentación do cocido máis alá de Lalín, asegurando unha gran repercusión e difusión da Feira do Cocido.