A lectura do pregón é un dos históricos e principais atractivos da Feira do Cocido de Lalín, posto que, desde que no 1969 Álvaro Cunqueiro pronunciara o primeiro pregón, este honor sempre recae nunha persoa destaca- da, ben sexa procedente do mundo das letras, da cultura, da política, das ciencias, do deporte, do xornalismo ou do humor. O elexido ou elexida é o encargado/a de resaltar dun xeito senlleiro as riquezas culturais, gastronómicas e sociolóxicas da nosa terra.
Na relación de ilustres pregoeiros da Feira do Cocido guran persoas como o mencionado Álvaro Cunqueiro, Luis del Olmo, Baltasar Garzón, Manuel Fraga, María Teresa Campos, Cruz y Raya, Alberto Ruíz-Gallardón, Karlos Arguiñano, Santiago Rey Fernández-Latorre, Carlos Alsina, María Castro, Pedro Piqueras, Eduardo Punset, entre outros.
O pregoeiro da 49 edición será O humorista, actor e presentador, Roberto Vilar, que dirixe e presenta actualmente o espazo Land Rober da Televisión de Galicia, prometeu inaugurar o festexo gastronómico cun pregón “cargado de humor, risa e cachondeo, porque comer en Galicia é unha festa e o Cocido de Lalín é a gran verbena”.

Histórico de pregoeiros: 
1969 Álvaro Cunqueiro
1970 Gerardo Fernández Albor
1971 Xosé Filgueira Valverde
1972 Pío Cabanillas Gallas
1973 David Pérez Puga
1974 Eugenio López y López
1975 Luis Suárez Delgado
1976 Xosé Otero Abeledo, “Laxeiro”
1977 Manuel Rolán Bolaño
1978 Celso Emilio Ferreiro
1980 Daniel Varela Buxán
1981 Hipólito de Sa Bravo
1982 Antonio Fraguas Fraguas
1984 Víctor Manuel Vázquez Portomeñe
1985 Xosé Luis Barreiro Rivas
1986 Xosé Luis Blanco Campaña
1987 Sancho Gracia
1988 Xosé Filgueira Valverde
1989 Álvaro Pino
1990 Luis Álvarez Pousa
1991 Manuel Fraga Iribarne
1992 Xesús Alonso Montero
1993 Xosé Cuiña Crespo
1994 Alfredo Conde
1995 Luis del Olmo
1996 Fernando Ónega
1997 Victoria Prego
1998 Francisco Álvarez Cascos
1999 Carlos Casares
2000 Mariano Rajoy Brey
2001 Baltasar Garzón
2002 Moncho Borrajo
2003 María Teresa Campos
2004 Cruz y Raya
2005 Marc Forné Molné
2006 Alberto Ruiz-Gallardón
2007 Karlos Arguiñano
2008 Santiago Rey Fernández-Latorre
2009 Carlos Alsina
2010 María Castro
2011 Mariló Montero
2012 Pedro Piqueras
2013 Susanna Griso
2014 Eduardo Punset
2015 Ignacio Rivera
2016 Manuel Jabois
2017 Roberto Vilar