noname-2Compromiso de calidade aprobado polos restaurantes participantes no mes do cocido de Lalín:

  • As instalacións do establecemento deberán estar en bo estado de limpeza e mantemento.
  • Os establecementos ofrecerán a posibilidade de realizar reservas durante o “Mes do Cocido de Lalín”.
  • Durante o “Mes do Cocido” non se realizarán quendas de comidas.
  • O prezo fixado polo restaurante irá publicado nos dípticos promocionais e será co IVE incluído. O prezo compete a cada establecemento, debendo permanecer estable durante o Mes do Cocido, e incluirá un viño de mesa.
  • O Cocido será elaborado segundo a receita oficial do Cocido de Lalín.
  • Os produtos utilizados para elaborar o Cocido de Lalín serán de primeira calidade. A carne de porco estará curada e afumada.
  • Os postres deberán ser sobremesas tradicionais galegas como as filloas, as orellas ou o queixo con marmelo, entre outros.
  • Entregar a cada comensal o pin oficial do Cocido de Lalín.
  • Entregar aos clientes ao rematar o Cocido a enquisa de valoración para que a cubran.