1 enero, 2018

Esta iniciativa promocional está patrocinada por GADIS e conta coa colaboración de ABANCA e COREN, e vai permitir difundir os atractivos turísticos de Lalín, o Camiño de Inverno e a 50 edición da Feira do Cocido por diferentes vilas de Galicia e Castela e León nas vindeiras semanas.

Situarase sempre en lugares emblemáticos dos lugares que visite. O fin de semana da Feira do Cocido de Lalín situarase na Praza da Igrexa, actuando como punto de información turística. Trátase dunha forma innovadora e moderna de levar a presentación do cocido máis alá de Lalín, asegurando unha gran repercusión e difusión da Feira do Cocido.

O Bus do Cocido constitúe xa unha marca de identidade de Lalín e a súa Feira. Trátase dun o autobús tipo inglés ou clásico de dous pisos, con cociña incorporada e espazo para a realización de difusión turística, presentacións, actos e degustacións. Grazas á mobilidade, versatilidade e dimensións que posúe este vehículo, garántese a actividade de difusión turística de Lalín en xeral e da Feira do Cocido e o Camiño de Inverno, en particular. O autobús vai rotulado co escudo de Lalín e o lema “Lalín, un interior único”, tamén contará con todo o material de promoción turística e cultural do Concello (rueiro, todos os folletos sobre os diferentes atractivos turísticos de Lalín) e unha pantalla de televisión para a emisión dos diferentes videos promocionais do municipio, entre outros recursos. Tamén disporá dos elementos promocionais sobre as actividades da 50 Feira do Cocido, así como dos pins e cartelería do evento.