Chega o tempo de Entroido en Lalín.
Entroido Musical
O sábado 22, a partir das 21:30h a Charanga Leña Verde animará a rúa dos viños e despóis actuará na Carpa do Cocido, con música e diversión para público e disfraces.
O Domingo, ás 23.30 h verbena coa Orquestra Cinemanía, tamén na Carpa do Cocido.
Luns de Entroido
O luns a partir das 17:30 h, a Charanga Os Verbeneros e o Dúo Habana Feeling ambientarán a Carpa do Cocido, na que haberá actividades para os máis pequenos: inchables, obradoiros de maquillaxe, obradoiros de máscaras, photocall en familia e chocolatada popular. Todo de balde.