O xornalista galego Manuel Jabois será o pregoeiro da XLVIII Feira do Cocido, que se celebrará en Lalín o domingo, 31 de xaneiro. Manuel Jabois é unha das grandes voces do novo xornalismo español e unha das firmas de cabeceira do diario “El País”, o periódico de maior tirada do Estado. Nesta liña, o alcalde subliñou que “a súa presenza contribuirá a darlle prestixio e proxección á Feira e a elevar a nómina de grandes xornalistas que xa foron pregoeiros deste evento”.